Colaboración F. Cidade da Cultura

A Fundación Paideia e a Cidade da Cultura colaboran no impulso de novos proxectos empresariais a través dos seus centros de emprendemento

(Este contenido está escrito en GALEGO).

O vicepresidente da Fundación Paideia e a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura expresan a súa vontade de desenvolver proxectos en común no eido do emprendemento.

 Os emprendedores que traballan nos coworkings do Centro de Iniciativas Empresarias ‘Mans’ e no Gaiás poderán empregar os servizos de ambas as dúas institucións

Guillermo Vergara Muñoz, vicepresidente da Fundación Paideia, e a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Beatriz González Loroño, asinaron onte un convenio de colaboración para que o Centro de Iniciativas Empresariais ‘Mans’, que xestiona dous espazos de coworking un en Padrón e outro na Coruña, e o Centro de Emprendemento do Gaiás, desenvolvan actividades de xeito conxunto, así como para que os emprendedores instalados en ambos os dous espazos poidan empregar os servizos destes centros.

Os responsables de ambas as dúas institucións destacaron a coincidencia de obxectivos e manifestaron a súa vontade de desenvolver actividades de xeito conxunto, con fin de concentrar esforzos na promoción do emprendemento e, de xeito particular, no eido do emprendemento cultural e das industrias creativas.

A Fundación Paideia, a través dos centros que xestiona en Padrón e A Coruña, desenvolve o seu traballo a prol da transformación de proxectos innovadores e ideas de negocios en novas empresas, cun especial compromiso no eido do emprendemento cultural e social, tentando dar resposta ás demandas da sociedade civil.

Con este novo convenio, a Fundación Paideia súmase á rede de alianzas do Centro de Emprendemento do Gaiás, que conta con socios como a Rede Emprendia, o Igape, a Cámara de Comercio de Santiago, AJE-Asociación de Jóvenes Empresarios, a Rede de Cooperativas Eusumo, o Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia ou o Instituto Campus Stellae, institucións e colectivos todos eles comprometidos co impulso á creación de novos proxectos empresarias.

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.

X