Círculo do Río forma parte dun ciclo para falar sobre economía circular e sobre os fios da nova economía.
Espazos, conversas para achegarnos a experiencias nas que viabilidade medioambiental e social son
aliados da competitividade e éxito empresarial
Presenta/modera: Alberte Cabarcos.
18:00-18:15
PRESENTACIÓN Círculo do Río e showcase con Lidia India, cantante e compositora ferrolana que mistura ritmos afrobrasileiros e folk galego
18:15-18:45
ÉRASE UNHA VEZ…(O PRESENTE-FUTURO): Unha forma diferente de pensar e facer negocios, con:
Elena Hinrich, emprendedora, artista e artesá. Funda Rudi 1944, empresa pioneira de deseño e interiorismo circular con residuos textiles. Descoñecida para o público xeral, sen embargo foi destacada como muller nova líder na sostenibilidade por publicacións como Vogue, Harper´s Bazaar, etc.
Gerardo Lagares, fundador de Orballo, marca galega referente en infusións e tés ecolóxicos que nace como un proxecto de innovación e revalorización do rural e convertese no primeiro cultivo europeo de té ecolóxico. Cunha importante labor de recuperación e descontaminación de terreos abandonados, demostran que os emprendementos da mocidade no rural poden ser sostibles, ecolóxicos e con rendemento económico. Hoxe venden para moitos países, pero seguen afincados onde empezaron: as terras abandoadas dos seus avós en Paderne.
18:45-19:15
CONVERSAS CIRCULARES con Elena e Gerardo.
19:15-19:30
SHOW-CASE con Lidia India.
19:30
PRESENTACIÓN da proposta gastronomía circular e creativa da A Artesa da Moza Crecha.
PRAZAS LIMITADAS ATA COMPLETAR AFORO
Especialmente dirixido a persoas con negocios (PEMES),
emprendementos e empresas de economía social.
* O aforo está completo, podes apuntarte a la lista de espera