13 Dic CONCERTO de the rapants NA SALA INN CLUB DA CORUÑA
Os muradáns The Rapants presentaron na Sala Inn Club da Coruña o seu traballo, tralo triunfo no concurso de bandas emerxentes galegas Sonidos Mans Salas.
Sonidos Mans Salas é un certame organizado pola Fundación Paideia Galiza, a través de Estudios Mans, e coa colaboración da Deputación da Coruña.
The Rapants subiron ao escenario da sala coruñesa o pasado venres 10 de decembro. O evento contou ademais con outras dúas bandas como son “Grande Amore” e “Apart”. A banda The Rapants móvese entre a innovación e a fusión de diferentes estilos. Convirte cada escenario que pisan nunha explosión de enerxía que contaxia ao público. Combinan ritmos pegadizos con letras reflexivas e actuais sen perder a frescura.
The Rapants son Xanma (guitarra e voz), Samu (guitarra solista e voz), Xakin (batería e producción) e Mati (baixo e sintetizadores). The Rapants fíxose co primeiro premio do concurso Sonidos Mans Salas que lle permitiu actuar na Sala Inn Club e gravar nos Estudios Mans. A artista Catuxa Salom foi a segunda clasificada do concurso que tamén gravou nos Estudios Mans.
Fundación Paideia Galiza e o seu apoio ao emprendemento musical
Esta edición do concurso Sonidos Mans Salas continúa cun traballo a prol do desenvolvemento de novos proxectos musicais sostíbeis, e súmase ás diferentes accións que a Fundación Paideia Galiza desenvolve, baixo o seu eixe de emprendemento, para fomentar a actividade artística e musical poñendo ao servizo dos emprendedores as ferramentas necesarias para visibilizar e profesionalizar os seus proxectos. Entre as diferentes actividades desenvolvidas a través de Estudios Mans, destacan actividades de formación en competencias profesionais, así como a promoción e gravación de artistas noveis.
Lo sentimos, en estos momentos no es posible realizar comentarios.