Aberta a inscrición no concurso de bandas galegas emerxentes «Sonidos Mans Salas»

A Fundación Paideia Galiza vén de poñer en marcha unha nova edición do seu concurso dirixido a solistas e bandas galegas emerxentes. Os participantes poderán ser de calquera estilo musical. Os dous proxectos gañadores poderán gravar un tema e un videoclip nos Estudios Mans da Coruña. Ademais, a banda ou solista clasificada coa mellor valoración, protagonizará unha actuación ao vivo nunha sala de concertos de recoñecido prestixio en Galiza. A inscrición permanecerá aberta até o mércores 11 de novembro ás 12:00 a través da web www.sonidosmans.com.

Para participar, as bandas e solistas interesadas deben presentar un tema orixinal a través do formulario web. Nunha primeira fase, tódolos proxectos serán avaliados por profesionais do sector musical ao vivo, resultando na selección de cinco finalistas. Os proxectos finalistas participarán nunha audición final en directo no plató de Estudios Mans o venres 27 de novembro na que se coñecerán as dúas bandas ou solistas gañadoras.

O concurso Sonidos Mans Salas conta co apoio da Deputación da Coruña.

No hay comentarios

Lo sentimos, en estos momentos no es posible realizar comentarios.

X