Mellorar a calidade da intervención e dos procesos de toma de decisións dos/as profesionais, e contribuír a implantar unha cultura bioética nos profesionais dos Servizos Sociais do Consorcio e na sociedade.
Dirixido a todos profesionais e á cidadanía impartidas por representantes dos comités de ética dos servizos sociais ou comités de ética en intervención social existentes noutras Comunidades Autónomas.
As conferencias permiten coñecer a experiencia autonómica de fóra de Galiza, compartir a cultura bioética dos servizos sociais e transmitir á cidadanía a importancia destas cuestións.
Marije Goikoetxea
Profesora de Ética e Bioética na Universidad de Deusto (Bilbao) e profesora colaboradora na Universidad do País Vasco, Universidad de Navarra e Universidad de Vic.
Consultora e supervisora en Ética e servizos sociais.
Expresidenta e membro do Comité de ética en intervención social de Bizkaia e membro do Comité de ética asistencial do Hospital Universitario de Cruces (Baracaldo).
José Antonio Seoane
Profesor de Filosofía do Dereito e Decano da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña.
Membro do Padroado da Fundación Paideia Galiza, coa que colabora desde 1995.
Presidente do Consello de Bioética de Galicia e coordinador do Grupo de investigación-UDC Filosofía, Constitución e Racionalidade, responsable da dirección académica do plan de formación e creación do Comité de ética dos servizos sociais do consorcio As Mariñas.