A FUNDACIÓN PAIDEIA GALIZA E A XUNTA POÑEN EN MARCHA UNHA ACELERADORA PARA O IMPULSO DE ATA 12 PROXECTOS MUSICAIS DE ARTISTAS E GRUPOS GALEGOS

A presidenta da Fundación Paideia Galiza, Sandra Ortega, e o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, asinaron un convenio de colaboración para a posta en marcha da nova Aceleradora Cultural de Proxectos Musicais.
A aceleradora ten como obxectivo contribuír á profesionalización do sector e de impulsar a carreira de artistas emerxentes.  Poden participar na convocatoria profesionais autónomos e microempresas musicais galegas, cun máximo de cinco anos de actividade neste ámbito. Seleccionaranse entre catro e 12 proxectos para participar nas diferentes fases desta iniciativa.  A  selección da Fundación Paideia Galiza  para a xestión do proxecto, foi o resultado dun proceso público, en réxime de concorrencia competitiva, iniciado a mediados de novembro de 2022, como primeiro paso para a posta en marcha da Aceleradora Cultural de Proxectos Musicais.

 Investimento do 80%

Coa posta en marcha deste proxecto, a Xunta, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais,  investirá 240.000 euros no sector. O  obxectivo que persegue é o de impulsar ata 12 propostas de artistas e grupos galegos. En virtude do acordo, a Xunta asume o 80% dos custos das actividades de aceleración a través da Axencia Galega das Industrias Culturais e ao abeiro dos fondos Next Generation EU e do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia. Deste xeito, destínanse preto de 180.000 euros ás diferentes accións destinadas a facilitarlles aos participantes as ferramentas necesarias para o desenvolvemento das súas carreiras. Os 60.000 restantes corresponden aos gastos de xestión.

Fase de promoción e mercados

A segunda etapa dedicarase á promoción e difusión dos proxectos a través da súa participación en circuítos de concertos, festivais, encontros cos medios de comunicación e asistencia a foros e mercados profesionais, dentro e fóra de Galicia, ademais de nun evento final de presentación das propostas con actividades de networking e reunións personalizadas .

Coa posta en marcha deste programa, ábrese un proceso de vertebración sectorial a través do que se busca acelerar o crecemento do tecido empresarial e profesional da nosa industria musical, ademais de definir e analizar as necesidades dos proxectos musicais emerxentes co fin de impulsalos e consolidalos tanto a nivel nacional como internacional. Buscarase igualmente mellorar o seu acceso ao mercado e ao financiamento, así como favorecer sinerxías de encontro e colaboración artística e empresarial dentro do seu ámbito e do conxunto da industria cultural.

DESCARGAR O CONVENIO

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.

X