16 de xuño as 18:30
Salón Teatro – Centro Dramático Galego. Santiago de Compostela.

A CASA VAIEMBORA é un proxecto de CENTRO DE CREACIÓN ARTÍSTICA, baixo a dirección da compañía teatral VAIEMBORA, que pretende deslocalizar a cultura das grandes cidades. Este centro busca ser un espazo de investigación e creación artística, contando con circuítos de residencias artísticas, programación e formación.
EMPRENDEDORES
Diego Chamizo, Sofía Rodal e David Vila.
LUGAR DE REFERENCIA
Angoares, Ponteareas (Pontevedra).
LINKS
A GALERÍA nunha magnífica Casa Rectoral recuperada na boca da Ría de Arousa, nace como un espazo singular onde gozar de momentos únicos en torno ao deseño contemporáneo e a artesanía de autor. Ofrecemos obxectos para interiores que, ademais de ser utilitarios e funcionais, tamén son pezas de arte e deseño, producidas baixo demanda e artesanalmente. Gústanos visibilizar a obra de deseñadores contemporáneos que actualizan os oficios tradicionais como unha maneira de preservalos, ofrecendo, en cada territorio, unha experiencia de diversidade e excelencia.
Parécenos interesante propoñer, neste edificio que estamos recuperado e de gran valor patrimonial e artístico, experiencias únicas para grupos reducidos, convidando a artistas seleccionados, para coñecer como elaboran os seus obxectos, a súa inspiración, a súa mensaxe, unha maneira de propiciar vivencias e emocións compartidas.
EMPRENDEDORES
María Lydia Fernández, Juan Manuel Dominguez
LUGAR DE REFERENCIA
Parroquia de San Xinés de Bamio. Concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
LINKS
Instagram @weco_gallery
Aire libre, cheiro a verán, bochinche, orquesteo...son só algún dos conceptos que nos asaltan ao persarmos nunha VERBENA. Mais a verbena, en sentido primario, é a flor da cal se valían as comunidades para enfeitar os torreiros das festas parroquiais. Daí parte a expresión "ir de verbena" como metonimia de parranda, de celebración comunitaria e como expresión de catarse colectiva. Así como hai outros festivais efémeros, as verbenas son perennes, como as flores, e forman un ecosistema cunha ampla biodiversidade e fortes dinámicas propias. Co afán de rexenerar o vínculo e romper a cuarta parede entre o torreiro e o palco da orquestra, así como de analizar as lóxicas de consenso para a escolla dunhas músicas e non doutras, (Re)verbena configúrase como un KIT FORMATIVO AO SERVIZO DAS COMISIÓNS DE FESTAS.
EMPRENDEDORA
Blanca Albán
LUGAR DE REFERENCIA
Parroquia de Freituxe, Bóveda (Lugo)
GranRURAL é ese lugar onde poderás atopar unha ampla selección de cursos, obradoiros e experiencias no rural onde enriquecer as túas habilidades persoais, onde tamén poderás atopar aloxamentos singulares e confortables, lugares onde desfrutar dunha gastronomía exquisita elaborada con produtos locais, ou esas actividades de lecer e tempo libre para grandes e pequenos, todo, ordenado xeograficamente e por temáticas, e accesible cun só clic.
GranRURAL é esa PLATAFORMA WEB onde poder preparar as túas vacacións, as da túa familia, as dos teus amigos, desfrutando da calma e a tranquilidade do noso rural, da nosa cultura, das nosas tradicións, da nosa xente. Esa plataforma onde o pasado mestúrase co presente, impulsando novas oportunidades económicas para o rural baseadas nun turismo rexenerador e responsable.
EMPRENDEDOR
Carlos López Ríos
LUGAR DE REFERENCIA
Rural galego
LINKS
Sempre me gustou que me conten historias, sempre me gustou escoitar e, por suposto, sempre me gustou crear. De aí nace este proxecto onde se mesturan estas dúas disciplinas, a narración e a arte, para terminar en forma de plato na túa mesa, na túa cociña ou nas túas paredes .
Propóñote un xogo: ti me contas a túa historia e eu tradúzoa a linguaxe artística do collage para plasmala nun PRATO OU NUNHA VAIXELA única que contará e recordará aos teus a vida que foi e a que queda por vir.
Tratase de cociñar a túa historia a lume lento ata convertela na imaxe que te acompañe na mesa. Os ingredientes, sinxelos, un pouco de plática para coñecer a túa historia, as imaxes que a evocan, a súa cor... O resultado fará do teu prato ou vaixela unha peza única. A túa historia é o motor do meu traballo. Platiquemos.
EMPRENDEDORA
Celia Arcos
LUGAR DE REFERENCIA
Ponte Caldelas (Pontevedra)
LINKS
@celiaarcos
ANIMADORA SOCIOCULTURAL no Concello de Rianxo: a miña vila natal, onde me criei, vivo e vivirei.
O meu proxecto de emprendemento son eu mesma, Rebeca, de Rianxo; tanto no persoal, sendo nai de familia numerosa, como no laboral, vinculada ao ámbito cultural dende hai xa uns anos.
Actualmente pretendo seguir as seguintes liñas de actuación: información, asesoramento e acompañamento a persoas e entidades interesadas en emprender no rural dende o ámbito cultural e artístico, formación continua para aplicar no meu posto de traballo na Concellería de Cultura do Concello de Rianxo e establecemento de redes e contactos con outros proxectos. Intento mellorar a diario tanto a nivel persoal como laboral.
EMPRENDEDORA
Rebeca Suárez
LUGAR DE REFERENCIA
Rianxo (A Coruña)
LINKS
Os aforros da comuñón, é un PROXECTO CREATIVO TÉXTIL. O soporte para os nosos deseños son unhas camisetas brancas que levan un peto no peito. Nestas camisetas estampamos, e exaltamos, o noso patrimonio lingüístico, facendo uso desmedido da nosa retranca, tamén no peto levan cosido un colorido encaixe de Camariñas. A marca nace desde o lúdico, con inspiración na Cultura Galega e nas emocións universais. O noso obxectivo é, que a xente se sinta recoñecida nos nosos deseños; e que do noso imaxinario, dos aforros da comuñón, xurda un imaxinario común.
EMPRENDEDORAS
Noelia Castro, Tania Galán
LUGAR DE REFERENCIA
Concello de Ordes (A Coruña)
LINKS
A Fraga dos Mouros é un bosque máxico de mitoloxía galega e ciencia para culturizar a infancia achegándoa á natureza.
Ramón Aguiar, biólogo malabarista, e María Alkayali, actriz e cantora docente, organizan visitas dramatizadas con música en directo e unha análise ecolóxica da flora in situ xunto con obradoiros de xoglaría -circo, canto e teatro-.
Realizan estas actividades tanto no bosque e no Establo escénico, situados na aldea de Mouricios (Chantada), como viaxando coa Fraga Itinerante, que se traslada nun PERIPLO EDUCATIVO cara centros de ensino doutros lugares.
Paralelamente planifican ACTIVIDADES CULTURAIS coa comunidade local para transmitir saberes tradicionais, poñendo en práctica procesos comunitarios abaixo-arriba pola integración de novas ruralidades.
EMPRENDEDORES
María Alkayali, Ramón Aguiar.
LUGAR DE REFERENCIA
Lugar de Mouricios, concello de Chantada (Lugo).
LINKS
Instagram @fragadosmouros
Email fragadosmouros@gmail.com
Muxima (corazón en umbundu, unha das linguas oficiais de Angola) é un proxecto nado daexperiencia persoal dos seus promotores, músic@s e educadores nos ámbitos ambientais e da integración social afincados dende fai máis de 20 anos no rural da península. Procuran crear ESPAZOS DE CELEBRACIÓN E CONVIVENCIA no rural como ferramenta para romper os muros sociais que acostuman frear a inserción real dos “non nativos” na comunidade, de xeito que no proceso de coñecemento mutuo podamos retirar os velos dos tópicos e roles impostos e iniciar un camiño de nova vertebración da comunidade incorporando a todos os veciños na vida cultural e social máis alá dun mero compartir os espazos públicos. A cultura, a natureza e as diversas manifestacións do patrimonio inmaterial e identitario (música, gastronomía, tradición oral, xogo tradicional, literatura, artesanía...) nos proporcionan recursos que posibilitan unha relación igualitaria entre os participantes creando un ambiente non formal e distendido onde profundar nas relacións persoais e fomentar as posibilidades de enraizamento onde o sentimento de pertenza e integración nunha comunidade e nun espazo sexa real e significativo.
EMPRENDEDORES
Marga Quintela, Alberto Mvundi, Gael Mvundi.

Instagram: @albertomvundi (música de raíz Angola) @galboir (producción musical, jazzhop, electrónica)
Facebook: Marguinha Margaça (personal)
Alberto Mvundi (personal)
A recuperación dunha antiga conserveira abandonada nun espazo natural de gran beleza (Carnota) como expresión dun novo modelo de divulgación e educación no rural.
Ideado baixo 4 grandes pilares (arte, cultura, medioambiente e arquitectura), este espazo será o PUNTO DE ENCONTRO TRANSXERACIONAL no que pequenos e maiores, artistas e artesáns, mulleres rurais, xente local e turistas en xeral, poderán descubrir e aprender por eles mesmos outro xeito de crecemento persoal e conexión local.
EMPRENDEDORES
Alicia Vázquez Vázquez, Sven Schwebsch.
LUGAR DE REFERENCIA
Carnota (A Coruña) e o rural galego e peninsular.
LINKS
ESTUDIO TEXTIL DE PRACTICA ARTISTICA, de carácter internacional, promovido e dirixido por María Barros e Antón Cabaleiro.
Nel impártense formacións integrais e interdisciplinarias, arredor dos oficios da alta costura, vinculando de maneira activa a moda, o arte, o deseño e a innovación. Trátase da única ensinanza de estas características existente neste país, composta por un posgrao universitario, masterclasses e hands-on workshops híper especializados para profesionais do sector. Igualmente, creamos alianzas con escolas de moda internacionais e ofrecemos talleres de iniciación impartidos por expertos, tanto do territorio autonómico como do nacional.
Deste xeito protexemos o patrimonio vivo dos saberes relacionados coa alta costura, tendendo pontes interxeneracionais, academizándoo, profesionalizándoo, e posicionándoo en deseño e arte.
Así mesmo, diriximos estes saberes cara o desenrolo de novos procesos de deseño e produción, cara a economía circular e cara o biodeseño, a través da investigación e das alianzas interdisciplinarias.
En La Maison du Fil promovemos a produción cultural e a creatividade como experiencias profesionais e de crecemento, polo que nos ubicamos nun entorno natural, dende o que potenciar unha vivencia de aprendizaxe inmersiva e plena.
EMPRENDEDORES
María Barrós, Antón Cabaleiro.
LUGAR DE REFERENCIA
Friol e Outeiro de Rei (Lugo).
Unha guía, unha plataforma, un mapa das sensibilidades sonoras e musicais de colectivos invisibilizados na contorna rural e periurbana galega. Un pararse para esperar e escoitar ós e ás que camiñan a outro ritmo, a do entorno, un latexar distinto, o da natureza, a do patrimonio das vivencias pasadas e futuras.
Acompañar de xeito integral as institucións e as administracións do rural con propostas de participación transversal das persoas invisíbeis como a xuventude, as mulleres, as persoas maiores e as persoas con capacidades diversas.
Ofrecer unha cartografía da memoria para surcar conxuntamente un camiño dende o musical e o sonoro. Unha guía para que conecten as xeracións e o territorio visibilizando e formando ás inquedanzas creativas a través do quefacer do DJ COMO ARTESANO DO SON E DA CREACIÓN MUSICAL contemporánea.
EMPRENDEDOR
Jas Processor.
LUGAR DE REFERENCIA
O rural e zonas periurbanas galegas.
LINK
Unha pella de barro e unhas mans. Terra e tradición. Unha idea á que se lle dá forma e déixase secar. Cócese, píntase e esmalta e outra vez ao forno. Aos poucos adquire contornos, relevo, cor e vida. Con calma. Un proxecto que podería viaxar a un espazo maior no que en grupo crease, apréndase e apréciese a cerámica. Un TALLER CERÁMICO onde se conxugue liberdade de creación, técnica e respecto polo medio e o patrimonio.
EMPRENDEDORA
Silvia Touza.
LUGAR DE REFERENCIA
Oleiros (A Coruña).
LINK
Instagram: concalmaceramica
Somos una LIBRARÍA comprometida en promover actividades culturais. Estamos creando espazos vivos e acolledores onde autores, divulgadores, lectores… podan encontrarse, compartir ideas e enriquecerse mutuamente. Organizamos actividades literarias, clubs de lectura e charlas temáticas coa intención de construír unha comunidade vibrante.
Tal e como a Chorima que é un indentificativo da nosa cultura; unha semente que move o vento desexosa por medrar.
EMPRENDEDORA
Jessica Martínez.
LUGAR DE REFERENCIA
Concello de Carnota.
LINK
@librariacharima