16 Ene Inaugurado un novo Coworking de Emprendemento Musical en Santiago
O pasado venres 13 de xaneiro, Fundación Paideia Galiza e EOI – Escuela de Organización Industrial deron comezo a unha nova edición do Espacio Coworking Go2Work dirixido a emprendedores/as do sector musical. Durante os vindeiros cinco meses, as persoas participantes poderán definir o plan de negocio dos seus proxectos artísticos. Esta é a primeira edición deste programa formativo na capital galega, e terá lugar no Centro Xove de Creación Cultural do Barrio da Almáciga, grazas á colaboración do Concello de Santiago de Compostela.
Esta acción formativa está enmarcada nun convenio firmado entre a Fundación Paideia Galiza e EOI – Escuela de Organización Industrial polo que xa se levan celebrado 13 coworkings con máis de 350 proxectos emprendedores do sector musical. O Coworking Go2Work é un programa de desenvolvemento profesional gratuito para os seus participantes, grazas á cofinanciación do Fondo Social Europeo, que oferta unha formación especializada para a xestión de proxectos musicais a través de clases presenciais combinadas con titorías individualizadas.
TALENTO MUSICAL DE ESTILO VARIADO
Entre os proxectos participantes atopamos representantes de diversos xéneros musicais, desde a música tradicional ao trap, pasando por bandas de rock, pop, solistas, cantautoras, música electrónica… Os proxectos seleccionados para participar nesta edición son:
Lo sentimos, en estos momentos no es posible realizar comentarios.