Venres 16 de decembro de 2022
18:00 h
Salón Teatro (Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela)

981 817 000.
A Maceta como elemento soporte para a xerminación de diferentes sementes e proxectos de xeito orgánico. Espazo de colaboración no que cultivar novas realidades xuntas dende o local, Muros, ao territorial, Galiza. Un espazo para o crecemento e o encontro. Un espazo dinamizador para a promoción da innovación social, medioambiental e cultural. Un espazo diverso e flexible para a comunidade, un espazo de traballo colectivo, que convide a entrar e formar parte del, tendo como elemento central a Mesa Diálogo, a Mesa Xeiteira.
EMPRENDEDOR/A
Alba Fernández
LUGAR DE REFERENCIA
Concello de Muros (A Coruña)
LINKS
Insta @espazo_a_maceta
Este proxecto é un obradoiro de cine para nenos e adolescentes. Nas miñas clases escriben un guión que van gravar e distribúense os roles do equipo artístico e técnico. Gravan unha peza que se estrea no cine cos seus familiares e amigos. Creo que pode alentar a toda unha xeración a que saiba que se pode expresar e contar a través do audiovisual. Que non é so un entretemento, é unha ferramenta de autocoñecemento e de tomar acción polas cousas que se queren.
EMPRENDEDOR/A
Federico Rioboo
LUGAR DE REFERENCIA
Galicia, especialmente provincia de A Coruña.
LINKS
Insta @lasilvarifilmes
Barreiros de Temporada é un proxecto de creación de propostas culturais e artísticas que involucren a toda a comunidade a través de 3 liñas de actuación: a sustentabilidade, con propostas culturais transversais que revertan na mellora do concello; a memoria, a través da creación dun diálogo interxeracional e da recuperación dos espazos sociais do concello que están actualmente en desuso e a socialización, a través de propostas que desestacionalicen, que involucren á xente do concello baixo unha perspectiva feminista, horizontal e colaborativa.
EMPRENDEDOR/A
Carmen Porteiro
LUGAR DE REFERENCIA
Concello de Barreiros (Lugo).
LINKS
web: carmenporteiro.com
Twitter e Instagram: @camaposa
"Devolvámoslle á carreira de burros o glamur que nunca tivo". Así comeza a historia de Asnot nunha pequena taberna do casco vello de Padrón, O Rincón, símbolo de creatividade, participación e comunidade. Mentres o Concello de Padrón organiza o derbi asnal enmarcado nas festas do Santiaguiño, Asnot parodia de forma canalla, elegante e respectuosa o ambiente das carreiras de cabalos inglesas convertendo Padrón nun escenario teatral cheo de sorrisos e glamur. Un festival de música, humor, teatro e outras artes onde o público é o protagonista ao acudir co seu sombreiro de copa, pamela extravagante ou o seu chapeu "made in Galicia". Unha aposta polo fomento da creatividade como ferramenta de cambio social que procura actualizar o concepto mantendo así a tradición
EMPRENDEDOR/A
Xiana Isabel Gilino
LUGAR DE REFERENCIA
Concello de Padrón (A Coruña).
LINKS
@asnotfestival (Instagram, Facebook e Youtube)
Queremos valorar e defender as historias -individuais e colectivas- como patrimonio histórico, como memoria dos pobos e como construción de futuro no marco do Camiño de Santiago. Escoita o lugar é un proxecto de integración, cooperación, participación e desenvolvemento humano a través da creatividade no Camiño de Santiago. • Contar as historias das persoas como memoria dos pobos. • Difundir as historias en formato dixital: Podcasts. • Crear unha rede con outras historias nunha contorna dixital: Sitio web.
EMPRENDEDOR/A
María Valcárcel e Enrique Bonet
LUGAR DE REFERENCIA
Camiño de Santiago (Camiño Francés, desde Pedrafita do Cebreiro a Santiago)
LINKS
Encontro xornalístico aberto a tódalas persoas que queiran asistir para falar sobre o tratamento que se fai nos medios para informar sobre o rural. Serán dúas xornadas con diversas actividades. A primeira é a emisión en directo dun programa de radio na lareira de Casa Chaín para que se divulgue a importancia do rural como lugar de calidade de vida. En outra xornada convidase a diversos xornalistas a nivel nacional e rexional para avaliar si se está dando unha boa imaxe do rural nos medios de comunicación. Ese mesmo día realizarase unha andaina polo territorio para coñecer o rico patrimonio e xeito de vivir no rural de hoxe en día. o epicentro destas xornadas é Casa Chaín, trátase dunha casa labrega centenaria e agora rehabilitada para realizar actividades de arte, cultura e natureza no rural.
EMPRENDEDOR/A
Lourdes Abuide
LUGAR DE REFERENCIA
Cirio, Concello de Pol (Lugo).
LINKS
instagram: @casa_chain
Facebook: Casa Chaín
Que é Noia Sancosmeira? Un proxecto que busca poñer en valor o patrimonio etnográfico de Noia a través de visitas guiadas ós barrios esquecidos, protagonistas dos séculos XIX e XX. Estas pequenas rutas amósanos a importancia que tivo o tecido industrial noiés a través de historias nunca contadas, adaptables a diferentes formatos segundo a época do ano.
EMPRENDEDOR/A
Paula Alonso.
LUGAR DE REFERENCIA
Concello de Noia (A Coruña).
LINKS
Instagram e Facebook: @noia_sancosmeira
O proxecto Serendipia consta de "A Casa da memoria" adicada ao médico rural Manuel Díaz “O Pequeniño”, apresado na nosa casa, e do "Espazo artístico SERendipia" co foco posto na saúde mental. A idea xorde do desexo de darlle un uso ás instalacións (2 casas e unha adega do s. XIX) en beneficio da poboación. Vaise concretando aos poucos grazas á historia da casa en relación ao médico capturado alí ao comezo da guerra civil, e ao noso soño de dispoñer dun espazo de creación, exposición e residencia de artistas co punto de mira posto no benestar integral. Temos unha visión lineal de conectar Pasado (coñecemento da historia relacionada cos nosos antepasados e a guerra civil), Presente (creación e expresión a través da arte e a palabra) e Futuro (profundización no autocoñecemento que desemboque nunha relación empática e respectuosa da sociedade). EMPRENDEDOR/A LUGAR DE REFERENCIA Aldea de Xullán, Concello de Bóveda (Lugo).
Mª Patricia Castro e Julio Costa.
Viticultura Performativa é un proxecto artístico propio no que unifico de forma holística e EMPRENDEDOR/A Lucía Álvarez LUGAR DE REFERENCIA Comarca vitivinícola O Ribeiro. LINKS Facebook: Lucía Álvarez Borrajo Instagram: @_en_un_lugar_
relacional a práctica artística como investigación e o proceso de coidado e aprendizaxe dos labores culturais vitícolas tradicionais. Mediante a práctica artística procuro manter canles de intercambio de coñecemento interxeracional para que perduren os saberes tradicionais que conforman unha paisaxe vitícola en proceso de desaparición que foi modelado por xeracións de viticultores campesiños arraigados ao lugar. Desde un contexto local situado á súa vez nun global de crise ecosocial procuro responder as preguntas: Que tipo de relato pode contribuír a promover un imaxinario colectivo positivo que fomente o apego ao territorio e por tanto á conservación da paisaxe cultural tradicional vitícola? Como pode este relato axudarnos a camiñar xuntas cara a aldea cosmopolita?
Galicia Latente son os latexos de vitalidade da cultura galega. “Galicia Latente” é unha iniciativa desenvolvida por Eduardo de Martís. Está composta por un estudo-libro en fotografía sobre a etnografía-cultura galega no presente, e dúas iniciativas horizontais de difusión e formación. Trátase dun programa itinerante de difusión e creación cultural, “Semilleiro de valores”, e unha fototeca online, “Fototeca de Galicia”. Conta co asesoramento antropolóxico de Rafa Quintía, co apoio institucional do Museo do Pobo Galego, e coa mentoría da Fundación Paideia Galiza xunto co Fondo Social Europeo e a EOI. O obxectivo do proxecto é achegar ás persoas o valor social, económico e sustentable que atesoura a etnografía galega no presente. Está dirixido a persoas e entidades interesadas na cultura galega. “A cultura é aquelo que chamamos nós” EMPRENDEDOR/A Eduardo de Martís LUGAR DE REFERENCIA Concello de Viveiro (A Coruña). LINKS Instagram @galicialatente
Busco crear un espazo de formación e acompañamento dende o cal impartir clases de iniciación e perfeccionamento de habilidades artísticas e creativas, así como impulsar, expoñer e dinamizar todo tipo de propostas plásticas, musicais e culturais. Desde sempre interesáronme todas as facetas e ramas da arte, e por iso fixen un pouco de todo, pero as experiencias que máis me marcaron foron as academias de debuxo e pintura ás que asistín, Aramburu e Descamps. Os momentos de aprendizaxe nelas sempre eran instantes de ilusión e descubrimento, pola calidade do acompañamento e a atención dos profesores, persoas moi especiais e próximas ás que admiro e teño como referentes. Estes espazos compartidos permitíronme traballar con xente de moi diferentes idades, orixes e ámbitos nas innumerables horas de conversa que tivemos mentres realizábamos as nosas obras. O meu punto de vista é máis interdisciplinar e colaborativo pola miña formación como Comunicadora Audiovisual, e dende aí creo que se pode levar moito máis alá a idea dunha “academia de artes”.
EMPRENDEDOR/A
Sara López
LUGAR DE REFERENCIA
Mogor, Concello de Marín (Pontevedra).
LINKS
Instagram:
-Musical: @miríada.wav
-Persoal: @smellslikesara
“Portfolio” web: saralopezlago.wixsite.com/projects
A Casa da Ferreira é un espazo rural para a creación artística e desenvolvemento de actividades culturais. Trátase dun lugar familiar con valor etnográfico, e con construcións arredor da eira que diferencian os distintos espazos de traballo: casa, cortes, palleira, hórreo. O foco deste proxecto ponse na interacción ca contorna tanto a nivel de intervención paisaxística e territorial como a nivel social e comunitario, e articúlase sobre tres liñas de acción: obradoiro de produción escultórica propia; actividades culturais de artes e artesanías; residencias-laboratorio para artistas emerxentes. Esta é unha casa cargada de simbolismo, un lugar con vida propia que se abre directamente á creatividade.
EMPRENDEDOR/A
Noelia Paz
LUGAR DE REFERENCIA
Alperiz, Concello de Lalín (Pontevedra).
LINKS
Instagram: @noelia_a_ferreira
Ebony&Ivory é unha marca de arte téxtil local, a marca busca un produto creado tradicionalmente que xere sensacións nos clientes, deixando de ser un simple obxecto de consumo para converterse en pezas únicas que identifiquen un estilo de vida. A marca está baseada na artesanía, a cultura e a gastronomía. O obxectivo é crear espazos onde se expoña o produto e poder gozar tamén de diferentes ofertas culturais e gastronómicas; o comer, o vivir e o vestir tradicional. EMPRENDEDOR/A Paola Magalí Aguiar Martínez). LUGAR DE REFERENCIA Concello de Noia (A Coruña). LINKS
A idea é impulsar a creación artística a través de proxectos propios e en residencia; desenvolver un programa de recoñecemento e recuperación de tradicións no que os habitantes do rural participen creativamente; elaborar un programa de formación de públicos (dirixido a nenos, novos e adultos maiores) para desenvolver no devandito espazo e para levalo ás escolas, institutos, a residencias de maiores e centros de día; ofrecer un espazo creativo en períodos vacacionais (campamentos). A fase inicial é constituír a produtora audiovisual e escénica para desenvolver proxectos propios e de creadores galegos e elaborar un programa de formación de públicos que xa está esbozado. Ao tempo, desenvolver o modelo e plan de negocio do espazo. EMPRENDEDOR/A Federico Esteban. LUGAR DE REFERENCIA Camiño de Santiago. LINKS
Canción Creativa é unha viaxe de autocoñecemento a través da expresión persoal, mediante a composición de cancións. Son pianista e docente de profesión e agora embárcome neste proxecto co que pretendo seguir brindando coñecementos prácticos para favorecer o aprendizaxe do piano, facilitar a exteriorización do mundo interior e acompañar neste viaxe creativo, musical e persoal. A necesidade e nicho cultural que pode cubrir o meu proxecto oriéntase a axudar á xente a superar retos persoais, emocionais e apoiar a procura de ser feliz. Todo o mundo necesita expresarse e o meu proxecto vai dirixido a ese grupo de persoas que o queren facer de forma artística. EMPRENDEDOR/A Rut García. LUGAR DE REFERENCIA Concello de Serra de Outes (A Coruña). LINKS Instagram: @cancioncreativa Facebook: @contacto.cancioncreativa
Xestora cultural preocupada por a tradición, o patrimonio e a memoria do país. Arte, docencia e comunicación son algunhas das miñas paixóns. Dinamizando proxectos culturais, interdisciplinais e interxeracionais polo mundo, sempre explorando, coñecendo e en modo traballo de campo para recuperar e transmitir o material e o inmaterial.
A Parroquia do Piollo impulsa 17 sábados e 17 domingos en 17 aldeas. Con actividades infantís | música | teatro | danza | arte | natureza | cabaret | encontros | andainas
O proxecto xurde porque detéctase a necesidade de programación cultural no rural, xa que a veciñanza non se achega á vila para consumir este tipo de actividades.
EMPRENDEDOR/A
Beatriz Álvarez.
LUGAR DE REFERENCIA
Concello de Santa Comba (A Coruña).