A FUNDACIÓN PAIDEIA GALIZA E A ESCUELA DE ORGANIZACIÓN INDUSTRIAL ORGANIZAN UN DEMODAY DO SECTOR MUSICAL

O evento celebrarase en Caldas de Reis o vindeiro 13 de xullo, está enmarcado dentro do Festival Portamérica e nel presentaranse diferentes proxectos desenvolvidos por emprendedores do sector musical

O Auditorio Municipal de Caldas de Reis (Paseo Román López, 5) acollerá o vindeiro 13 xullo o primeiro Demoday de Industrias Musicais organizado pola Fundación Paideia Galiza e a Escuela de Organización Industrial. Este evento, enmarcado dentro do Festival Portamérica, dará a oportunidade de dar a coñecer os plans de negocio dun grupo de emprendedores do sector musical que participaron, durante cinco meses, no programa formativo “Coworking de Industrias Musicales” que se celebrou na sede da Fundación Paideia Galiza.
A acción formativa dirixiuse a profesionais e emprendedores do sector musical de Galicia e nela participaron como relatores, profesionais de alto nivel do sector como Javier Arnaiz ou Farruco Castromán de MadCool Festival, José María Barbat (Presidente de Sony Music Iberia), Kin Martínez de Esmerarte ou o produtor musical e vicepresidente da SGAE Javier Losada, ademais de representantes de promotoras, selos discográficos, produtores ou expertos en comunicación e marketing. Todos os emprendedores participantes no Coworking de Industrias Musicales recibiron ademais mentorización para poder desenvolver o seu plan de negocio e adquirir as competencias necesarias para a consolidación dos seus proxectos profesionais, a maioría deles, proxectos artísticos. O vindeiro 13 de xullo en Caldas de Reis presentaranse os seguintes:

 

O acto, no que estarán presentes autoridades e inversores, será conducido pola presentadora Belén Xestal e nel participará amenizando o acto, o monologuista Oswaldo Digón. Ademais, algúns dos artistas que presentarán os seus traballos, realizarán un showcase para presentar o seu traballo ó público asistente.
A asistencia é gratuíta previa inscrición a través do teléfono 981 817 000 ou do correo electrónico coworkingcultural.paideia@eoi.es

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.

X