Novo Programa de Emprego Xuvenil «Industria Musical e Produción de Eventos Musicais».

A Fundación Paideia Galiza a través da Asociación de Desarrollo Local Deloa convoca un novo Programa de Emprego Xuvenil. A temática centrarase na INDUSTRIA MUSICAL E PRODUCCIÓN DE EVENTOS MUSICAIS e contará cos mellores profesionais da industria musical.

Ademais do apartado formativo, o programa inclúe a visita a un dos mellores festivais de España, o BBK Live. A finalidade é que os participantes coñezan de primeira man cómo se traballa e se vive desde dentro un gran evento musical como é o BBK,  que na edición de 2019 contará con artistas como Liam Gallagher ou Tom Yorke.

Desenvolverase a partir de xuño nas comarcas do Barbanza. O programa  está dirixido  a mozas e mozos de entre 16 e 29 anos, prioritariamente sen formación superior, das comarcas da Barbanza, Sar, Muros e Noia e é totalmente gratuíto (inclúe formación e viaxes e estancia en Bilbao).

Se estás interesada/o en participar ponte en contacto con nós:

 

¡Últimas prazas!

En colaboración con EOI. 

No hay comentarios

Publicar un comentario

X