O Programa Integrado de Emprego centra as súas accións formativas no deseño gráfico, no mantemento de edificios e a economía verde

No primeiro trimestre do 2020 a Fundación Paideia Galiza desenvolveu tres accións formativas do Programa Integrado de Emprego .  Este programa está financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

O Programa Integrado de Emprego impulsa a inserción laboral de persoas en situación de desvantaxe que residan na provincia da Coruña.

Os sectores nos que se realizaron as accións formativas pre-laborais foron:

  • Deseño gráfico.
  • Mantemento de edificios e locais.
  • Economía verde.

Os contidos das  formacións van encamiñados a mellorar as competencias laborais e persoais das persoas participantes, fundamentais para acceder ao mercado laboral actual.

Por motivos de responsabilidade e seguridade coa saúde pública a causa do COVID-19, as accións formativas suspéndense temporalmente.

 

 

 

 

                  

 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.

X