Continuamos traballando no Programa Integrado de Emprego

Dende que arrincou o Programa Integrado de Emprego -financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade– en novembro de 2019, un total de 42 persoas obtiveron un posto de traballo. .

Co obxectivo de mellorar a inserción laboral das persoas participantes, continuamos a desenvolver as seguintes actividades:

  •  Accións formativas prelaborais nos sectores de Mantemento de Edificios e Locais e Economía Verde.
  • Prácticas non laborais nos seguintes sectores: Limpeza, Deseño e Hidrocarburos.
  • Accións de seguimento individual de xeito presencial.

As persoas participantes perfeccionan as súas competencias e habilidades a través destas accións, que lles permiten capacitarse e prepararse para a obtención dun emprego.

 

 

No hay comentarios

Lo sentimos, en estos momentos no es posible realizar comentarios.

X