“Estamos en sintonía”. Así chega o I Encontro de Música Aberta a Galicia este mes de novembro: coa idea de sintonizar ao sector musical galego en torno a unha xornada aberta a todos os públicos centrada na formación, o debate e o networking.
Deste xeito, esta nova iniciativa da Fundación Paideia coa colaboración da Xunta de Galicia terá lugar o próximo mércores, 6 de novembro, de 07.00 a 14.00h, nos Estudios Mans da Coruña (Polígono de Pocomaco – Quinta Avenida, 91).
O acceso a este I Encontro de Música Aberta (EMA) é libre ata completar a capacidade do espazo.
Vas perdelo?
Todas as mañás xuntámonos porque todo comeza cada día. Música, cultura, actualidade… a dose que necesitas para comezar da mellor maneira. (Retransmisión en directo dende Estudios Mans).
Participarán no programa:

Resoando no pasado – Masterclass de Construción Instrumentos
Resoando no Pasado é unha colección de instrumentos que Abraham Cupeiro mostra a través dun concerto pedagóxico no que viaxa ao pasado máis remoto da nosa especie a través do son dos instrumentos de vento.
Dende unha pequena frauta de óso (46OOO a.c) ata un gran Sousaphone orixinal do século XIX. Na colección, están representados instrumentos de todas as familias, lugares e épocas. Ao longo do concerto, todos eles resoan de novo dando lugar ainteresantes anécdotas, de xeito que nos achegan á parte máis humana dos instrumentos musicais.
Este proxecto viu a luz no ano 2006 e dende entón máis de 4000 persoas puideron desfrutalo.
“Pedagóxico ,ameno, e sobre todo, cheo de emoción Resoando no Pasado é un proxecto para todos os públicos”
“Unha maneira de achegarse a outras épocas e culturas a través dos instrumentos”

Showcase comentado:
Ester Rodrigez | Juanma Latorre
Soleado é o novo grupo de fusión indie-folk formado polo guitarrista e compositor de Vetusta Morla, Juanma Latorre e a cantante e compositora, Ester Rodríguez. O seu novo sinxelo emprega unha linguaxe como de canción de verbena, metáforas moi relacionadas co romanceiro e a canción popular (a reixa, o pano, a romaría, o pan e o viño…) que contrastan cun retrouso pop e unha base electrónica. O tema, producido unha vez máis por Pau Paredes, conta coa colaboración das pandereteiras-cantareiras Lilaina (Aliboria).
Showcase comentado: Ester Rodrigez | Juanma Latorre

Un espazo para descubrir a arte do espectáculo a través da experiencia dos seus protagonistas. Dende a creatividade ata a execución, esta actividade invita ao público a formar parte do diálogo e da exploración dos retos e acertos dos eventos en directo, cunha sesión práctica e unha mesa redonda aberta a preguntas e ideas.
Moderadora
Adícase á plástica escénica desde 2015, especializándose na dirección de arte para espectáculos en vivo. A súa proposta artística transforma espazos a través da luz, creando atmósferas que enriquecen a narrativa dos proxectos.Colaborou con artistas ou entidades como Mercedes Peón, Brigitte Vasallo, Guadi Galego, Tanxugueiras, David Amor e os Centros Dramáticos Galego e Nacional.
Recibe nos últimos anos 6 premios María Casares, destacando mellor escenografía en 2018 e mellor iluminación en varios anos, así como o premio nacional Rogelio de Egusquiza en 2021. Acumula un total de 10 nomeamentos nos últimos 6 anos.
Relatora

Artista dixital, programadora creativa e docente, o seu traballo materialízase en instalacións multimedia, interactivas, lumínicas ou en forma de colaboracións con músicos ou danza en performances en vivo. Actualmente é profesora contratada en Berklee College of Music e Max/MSP certified trainer.

Entra no mundo da iluminación desde a pintura estudando Belas Artes. Especializada no directo, actualmente realiza os deseños de luz e é técnica de bandas como Tanxugueiras, Rebeliom do inframundo e Fillas de Casandra…

Relator
Víctor García é un deseñador de son e explorador audiovisual.Con paisaxes sonoros fermosos e melodías penetrantes, no seu directo como Death Whistle crea unha experiencia inmersiva que fusiona o onírico co mundano, potenciada por un sistema moi preciso de sincronización de luces e vídeo . A súa carreira compositiva tamén se centra na creación de bandas sonoras para videoxogos e películas aclamadas como «Unicorn Wars», «Decorado» ou «Psiconautas, os nenos esquecidos», todas elas galardoadas con varios premios Goya.