
13 Sep The Rapants, gañadores do Concurso de Bandas Emerxentes «Sonidos Mans Salas»
Sonidos Mans Salas é un concurso de bandas emerxentes organizado pola Fundación Paideia Galiza e Estudios Mans coa colaboración da Deputación da Coruña. Nesta edición The Rapants acadou o primeiro premio do concurso, realizado no marco do Festival de la Luz (Boimorto – A Coruña).
A enerxía da banda anegou o Festival de la Luz de Boimorto o pasado 11 de setembro. O Espazo Mans do festival foi o marco no que se realizou a audición final do concurso. Deste xeito, The Rapants gravará un EP e un videoclip nos Estudios Mans e presentará o seu traballo en directo nunha sala de recoñecido prestixio de Galicia. A artista Catuxa Salom foi a segunda clasificada. Gravará tamén un tema e o seu videoclip nos Estudios Mans.
The Rapants son unha banda de surf, garaje e indie formada en Muros, A Coruña. O seu obxectivo é facer bailar ao público sen prexuízos e gozar da música. As súas influencias de bandas como Terbutalina ou Novedades Carminha, deixanse ver no seu traballo, con letras en galego e castelán. Por outra banda, Catuxa Salom mezcla os sonidos da aldea coa música electrónica para crear unha atmósfera hipnótica.
O xurado estivo composto por 3 programadores dalgunhas das salas de concertos máis recoñecidas do panorama galego: Noe Vázquez (A Arca da Noe), Miguel Lueiro (Sala Sónar) e Marcos Vázquez (Fábrica de Chocolate Club). Nesta edición, Sonidos Mans Salas contou cun total de 59 inscritos/as, sendo Soulwide, Catuxa Salom, Natalia Kendra And The Blue Grapes, Allova e The Rapants as bandas e solistas seleccionadas para participar na audición final celebrada o pasado 11 de setembro no Espazo Mans do Festival de la Luz de Boimorto.



Sorry, the comment form is closed at this time.