Futuro Alcalde, Nebulossa, Quirkyoddgirl e hydn, gañadoras do Concurso de Bandas Emerxentes Sonidos Mans

A Fundación Paideia Galiza, a través de Estudios Mans, deu a coñecer ás/aos gañadoras/es do concurso para bandas e músicos emerxentes Sonidos Mans. Despois da selección dos 20 finalistas por parte do xurado profesional, 4 foron as bandas gañadoras. Terán a oportunidade de tocar en O Son do Camiño, Portamérica, Atlantic Fest e Revenidas. Ademais, gravarán durante dúas xornadas nos Estudios Mans de A Coruña.

As bandas gañadoras son:

 

Esta edición de Sonidos Mans contou coa participación de 313 bandas emerxentes de toda a xeografía española. Na primeira fase do concurso o xurado formado por Lorena Jiménez (fundadora e directora da axencia de promoción La Trinchera), Estefanía Serrano (booker & talent manager e directora/ fundadora de Plan B Music e Plan B Records) e máis Juan de Dios (músico e produtor), seleccionaron aos 20 finalistas. Destes 20 seleccionados, os festivais colaboradores escolleron ás/aos gañadoras/es. O obxectivo deste concurso é facilitar aos grupos e solistas que están iniciando a súa carreira, unha ferramenta para a difusión de seu traballo e a posibilidade de gravar nun entorno profesional.

Esta acción conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través dun convenio coa Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) para o desenvolvemento de accións de profesionalización da actividade musical emerxente.

A FUNDACIÓN PAIDEIA GALIZA-ESTUDIOS MANS E A SÚA APOSTA POLA MÚSICA EMERXENTE

Esta iniciativa ten como finalidade poñer en valor e darlle visibilidade ao talento das/os emprendedoras/es musicais. Enmárcase dentro dunha das liñas de traballo da Fundación Paideia Galiza e de Estudios Mans, dirixida ao fomento do emprendemento musical. Ademais da promoción das bandas emerxentes, desde Estudios Mans estanse a traballar áreas como a gravación, con propostas dirixidas ás/os músicas/os emprendedoras/es ou formación dirixida a que as/os artistas poidan poñer en marcha o seu proxecto musical a través de ferramentas que lles permitan profesionalizarse e deseñar o seu plan de negocio.

*Fotografía actuación Futuro Alcalde en O Son do Camiño. Imaxe cedida por O Son do Camiño.

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.

X