Contenido en GALLEGO
A facultade de Ciencias da UDC e a Fundación Paideia organizan a II Xornada divulgativa sobre Biotecnoloxía Vexetal e a súa aplicación en estudos do medio ambiente, orientada a estudantes universitarios e de ensino secundario, a empresas do sector e ao público en xeral.
A xornada presenta as novas investigacións e tendencias en Biotecnoloxía Vexetal e as súas implicacións legais con relatorios de especialistas de centros de investigación universitarios da Universidade da Coruña e da Universidad de Murcia, do Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia e do Centro Cultigar-Fundación Paideia
18:00 – Apertura da xornada
María de los Ángeles Bernal Pita da Veiga
Profesora Titular da Universidade da Coruña
18:15 – A praga da polilla nas plantacións de patacas
Dr. Jesús Collar Urquijo
Dpto. de Fitopatoloxía – Lab. Agrario e Fitopatolóxico de Galicia
19:00 – Cultigar; unha empresa baseada na biotecnoloxía vexetal
Dra. Margarita Fraga Ares
Fundación Paideia Galiza
19:30 – Aspectos ético legais da Biotecnoloxía
Dra. Viviana García Llerena
Universidade da Coruña
20:00 – Alimentos saludables
Dra. María de los Ángeles Pedreño García
Universidad de Murcia