
18 Nov IÑAKI GABILONDO ABRIU O CICLO DE XORNADAS SOBRE “A FALSA VERDADE”
A sede da Fundación Paideia Galiza na Coruña acolleu o pasado 11 de novembro a conversa “A falsa verdade: hai antídotos?”. Esta primeira sesión tivo como relator a Iñaki Gabilondo.
O obxectivo destes encontros é reflexionar sobre a falsa verdade e o control dos cidadáns polos monopolios tecnolóxicos. Tamén se debatiu sobre o uso da información, a través da banalización da mentira, do medo ou da desinformación. O evento estivo presentado e moderado por Consuelo Bautista, xornalista e responsable dos informativos de Radio Coruña Cadena SER.
Iñaki Gabilondo é un xornalista con máis de 40 anos de experiencia conducindo programas como “Hora 25” e “Hoy por Hoy” da Cadena SER. Na actualidade realiza programas documentais encamiñados ao futuro, baseándose na ciencia, a tecnoloxía e o coñecemento.
Esta foi a primeira sesión do ciclo de conferencias «A falsa verdade” que terá continuidade os vindeiros 27 de de xaneiro e 3 de marzo de 2022. As vindeiras sesións contarán coa presenza de Daniel Innerarity, Catedrático de Filosofía Política e Antonio Rovira, Catedrático de Dereito Constitucional respectivamente.
As inscricións para ambas sesións abriranse próximamente a través da páxina web www.paideia.es.
Sorry, the comment form is closed at this time.