Gañadores da XVI edición dos «Premios á Excelencia Musical Mans Futuro»

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Fundación Paideia Galiza  promoven  os XVI Premios á Excelencia Musical Mans Futuro 2021.  Xa se coñecen os nomes dos/as gañadores/as desta nova edición. Foron seleccionados por un tribunal designado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.

Antonio Sánchez Martínez  (clarinete)  resultou gañador do primeiro premio. Gravará en Estudios Mans un repertorio de 45 minutos e un vídeo de 3 minutos e editará 300 copias en CD do mencionado repertorio. Julia Fernanda Villaroel Peralta (guitarra) acadou a primeira mención de honra e Gregorio  Keilin Keilin (violoncello) a segunda mención de honra. Ámbolos dous gravarán tamén nos Estudios Mans un repertorio de 25 minutos e un vídeo da propia gravación. A convocatoria dos premios está publicada a través do portal da Xunta de Galicia

Os Premios á Excelencia Musical Mans Futuro teñen como obxectivo o recoñecemento ó esforzo e a posta en valor dos méritos dos/as artistas noveis galegos/as. Están dirixidos a músicos/as que veñan de rematar os seus estudos nos Conservatorios Superiores de música da Comunidade Autónoma de Galicia.

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.

X