Novo Programa Integrado de Emprego de Galicia

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, coa cofinanciación da Fundación Paideia Galiza, impulsan un novo PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO. O obxectivo desta iniciativa é a de impulsar a inserción laboral de persoas en situación de desvantaxe que residan na provincia da Coruña.

O Programa Integrado de Emprego procura adecuar as competencias profesionais e persoais dos/as participantes ás requiridas no mercado laboral actual, coa finalidade de mellorar a  súa empregabilidade.

Está dirixido a persoas desempregadas que cumpran un seguintes requisitos:

✅ Que posúan o certificado de discapacidade.

✅ Mozos/as sen estudos con idades comprendidas entre os 16-29 anos.

Para acadar o obxectivo do Programa Integrado, dunha inserción mínima do 35% das persoas participantes, realizarase: un seguimento individualizado, impartiranse accións formativas de xeito práctico en sectores innovadores (economía verde, ofimática aplicada ao posto de traballo ou mantemento de edificios e locais) e posibilidade de obter un certificado de profesionalidade. Acompañaranse de módulos de orientación laboral e, a lo menos, 15 prácticas en empresas.

As accións son  gratuítas e contémplanse bolsas de asistencia (5€/día) para a realización das mesmas repartidas ao longo dos vindeiros 12 meses.

Para as persoas que teñan cargas familiares, existe a posibilidade de xestión de servizo de gardería e/ou atención domiciliaria,  posibilidade de entrevistas online e flexibilidade horaria.

Formar parte do PROGRAMA INTEGRADO supón participar nun programa promovido pola Fundación Paideia Galiza, unha entidade  con mais de 20 anos de experiencia na creación de oportunidades de emprego para persoas en situación de vulnerabilidade. A día de hoxe, a Fundación Paideia Galiza conta con máis de 50 empresas colaboradoras. Ademais, ó redor de 730 persoas obtiveron un posto de traballo a través dos seus programas de emprego.

Se estás interesado en participar:

  •  981 223 927
  • 618 408 949
  •  emprega@paideia.es
  •  Sede A Coruña: praza Mª Pita 17, 15001 A Coruña

 

                  

 

 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.

X