Novos beneficios para os Coworkers do Centro de Iniciativas Empresariais MANS de A Coruña e Padrón

(Este contenido está escrito en GALEGO).

A Fundación Paideia e a Cidade da Cultura, a través do convenio de colaboración firmado o pasado mes de maio entre ambas entidades, están a desenvolver actividades de xeito conxunto das que se poderán beneficiar tanto os emprendedores tanto do Centro de Iniciativas Empresariais Mans, que xestiona dous espazos coworking en Padrón e na Coruña, como os instalados no Centro de Emprendemento do Gaiás en Santiago de Compostela.

Entre estas accións, destaca o acordo a través do que os emprendedores de cada un dos coworking, poderán instalarse de xeito gratuíto e durante o prazo máximo dun mes,  nos espazos de traballo compartido dos centros adheridos ó proxecto (Mans Coruña, Mans Padrón e Gaiás). Deste xeito, os emprendedores poderán beneficiarse dunha experiencia colaborativa entre os centros,  ligada principalmente ó intercambio de coñecementos e á aprendizaxe.

O uso temporal do espazo incluirá, ademais dunha mesa de traballo con conexión a internet, outros servizos comúns como sala de reunións con rede wi-fi, proxector, impresora e escáner, despacho para reunións, control de accesos, subministración eléctrica, auga, calefacción ou servizo de limpeza.

Tanto a Fundación Paideia como a Fundación Cidade da Cultura, expresan coa firma deste acordo, a súa vontade de colaboración futura no desenvolvemento de proxectos de promoción do emprendemento.

COWORKING MANS PADRÓN

Coworking Mana Padrón Banner coworking Padron

 

ESPAZOS COMÚNS CIE MANS – A CORUÑA

 

 

No hay comentarios

Lo sentimos, en estos momentos no es posible realizar comentarios.

X