14  persoas participantes no programa EMPREGA-PAIDEIA realizaron prácticas non laborais en diferentes empresas

Tras realizar un programa formativo específico, os/as alumnos/as do programa integrado Emprega Paideia (dirixido a menores de 30 anos e persoas con capacidades diferentes)  realizaron prácticas non laborais en diferentes empresas de sectores emerxentes como a economía verde.

Os postos ocupados foron: auxiliar de xardinería, operario/a limpeza, expendedor/a de gasolineira, operario/a de reposición en supermercado, administrativo/a,  etc.

As empresas que colaboran no programa EMPREGA-PAIDEIA e que acolleron ós alumnos en prácticas son:

Viveros Borrazás

Taprega

Universidade da Coruña

Gadis

Trébore S.L Servicio Integral

Repsol

Trébore Jardinería

Fundación Adcor

Estas accións enmárcanse dentro do Programa Integrado de Emprego subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e cofinanciado pola Fundación Paidea Galiza.

 

 

                  

 

No hay comentarios

Lo sentimos, en estos momentos no es posible realizar comentarios.

X