As persoas participantes no programa Emprega-Paideia visitan a empresa Inusual Comunicación Innovadora

No marco do programa Emprega-Paideia, estanse a manter espazos de intercambio con empresas referentes do sector en Galicia. Os/as participantes nas accións formativas tiveron a oportunidade de visitar Inusual Comunicación Innovadora. Trátase dunha empresa especializada en solucións tecnolóxicas no ámbito do marketing dixital e tecnoloxía led.

Os/as participantes na visita percorreron as instalacións durante unha xornada de traballo. Puideron compartir experiencias coa persoa responsable do departamento de recursos humanos, Patricia Acedo, e co CEO da empresa, Amando de Diego. Nestas conversas explicouse como se levan a cabo os procesos de selección ou cales son as competencias imprescindibles que demanda o mercado laboral actual.

Esta formación enmárcase dentro do Programa Integrado de Emprego subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e cofinanciado pola Fundación Paidea Galiza.

 

 

                  

 

No hay comentarios

Lo sentimos, en estos momentos no es posible realizar comentarios.

X