As persoas participantes no Programa Integrado de Emprego EMPREGA-PAIDEIA visitan empresas referentes do sector en Galicia.

No marco do programa EMPREGA-PAIDEIA, estanse a manter espazos de intercambio con empresas referentes do sector en Galicia. Os/as participantes nas accións formativas tiveron a oportunidade de visitar Trison, empresa dedicada á  integración visual e  marketing olfativo e Repsol Campsa Red, unha compañía de explotación petrolífera e de gas.

En ambas visitas percorreron as instalacións durante a xornada laboral e puideron compartir experiencias coas persoas responsables dos departamento de Recursos Humanos de ámbalas empresas. Nestas conversas explicouse como se levan a cabo os procesos de selección ou cales son as competencias imprescindibles que demanda o mercado laboral actual.

Esta formación enmárcase dentro do Programa Integrado de Emprego subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e cofinanciado pola Fundación Paidea Galiza.

 

                  

 

No hay comentarios

Lo sentimos, en estos momentos no es posible realizar comentarios.

X