Programa Integrado de Emprego

NOVO PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO 2022-2023

A Fundación Paideia Galiza pon en marcha un novo Programa Integrado de Emprego en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Ministerio de Traballo e Economía Social. O obxectivo desta iniciativa é o de impulsar a inserción laboral de persoas en situación de desvantaxe que residan na provincia da Coruña. Está dirixido a persoas desempregadas que cumpran un dos seguintes requisitos:

  • Que posúan o certificado de discapacidade.
  • Mozos/as sen estudos superiores con idades comprendidas entre os 16-29 anos

 

A finalidade deste programa integrado de emprego é acadar una inserción mínima do 40% das persoas participantes. As acción contempladas para acadar este obxectivo son a formación en diferentes sectores como a limpeza, a ofimática, a economía verde ou o comercio e a distribución. 

Talleres formativos, prácticas en empresas, bolsas de asistencia e medidas de conciliación

Dentro deste programa integrado de emprego realizaranse talleres formativos sobre técnicas eficaces de procura de emprego. Así mesmo traballarase a escoita activa, a empatía ou a asertividade. Todo isto, acompañado de formacións en redes sociais aplicadas á procura de emprego, emprendemento, xénero no emprego ou mobilidade laboral.

Dentro das accións deste programa integrado de emprego inclúese o asesoramento e seguimento individualizado a todas as persoas participantes. Tamén se realizarán intermediacións laborais e visitas a  espazos de intercambio en diferentes empresas. Hai que destacar que  tódolos/as participantes poderán acceder a prácticas non laborais en empresas. Tamén existe a posibilidade de que o alumnado obteña bolsas de asistencia ás accións do programa de 7€/día. O alumnado con cargas familiares poderá igualmente beneficiarse de medidas de conciliación. Accederán á xestión de servizo de gardería e/ou atención domiciliaria, posibilidade de entrevistas online ou flexibilidade horaria.

Formar parte do Programa Integrado de Emprego supón participar nun programa promovido pola Fundación Paideia Galiza, unha entidade con mais de 20 anos de experiencia na creación de oportunidades de emprego para persoas en situación de vulnerabilidade. Conta coa colaboración da Consellería de Fomento do Emprego e Igualdade e o Ministerio de Traballo e Economía Social.

 

Máis  información sobre o Programa Integrado de Emprego:

Teléfono: 981 223 927

Whatsapp: 618 408 949

 

No hay comentarios

Lo sentimos, en estos momentos no es posible realizar comentarios.

X