Sonemerxente +

Fundación Paideia Galiza x AGADIC

SONEMERXENTE +

Estado: Activo

Programa de acompañamento profesional para impulsar a proxección, visibilidade e profesionalización de artistas emerxentes.

Que é Sonemerxente +?

É un programa de acompañamento dirixido a cinco proxectos artísticos que participaron nas edicións Sonemerxente I e II, organizado pola Fundación Paideia Galiza en colaboración coa Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC).

Inclúe apoio en:

Promoción de concertos

Apoio en comunicación

Asesoramento especializado

Que artistas forman parte?

Cinco proxectos cunha identidade propia e unha visión singular

Law

Law é unha artista galega multidisciplinar. As súas composicións combinan influencias do R&B, o hip hop, o reggae, o funk e o tribal. Busca o equilibrio entre a música urbana desenfadada e unhas liñas vocais e letras complexas, coidadas e comprometidas.

Law

Amoebo

Amoebo é un proxecto musical galego caracterizado por unha proposta sonora experimental e festiva, que combina elementos de música urbana con ritmos latinos, funk-pop, cumbia, bachata, merengue e influencias do pop dos anos 80 e sons actuais como autotune e drums agresivos.

Amoebo

Adrian Timms

Adrian Timms é un compositor británico-andaluz-galego que defende as súas cancións de pop alternativo británico nun show en solitario, moderno e atípico, no que recrea a forza dunha banda completa sumando capas de son en rigoroso directo.

Adrian Timms

Candela Liste

Candela Liste é unha cantante, compositora e multiinstrumentista destacada polo seu estilo, que fusiona rock clásico con toques electrónicos. Debutou co álbum Caos e pasou por diversos festivais, como o Festival da Luz, consolidándose como unha artista con directo intenso e persoal.

Candela Liste

Javier Lago

Javier Lago é un proxecto musical galego centrado na canción de autor contemporánea, que combina unha base acústica co desenvolvemento de arranxos actuais e unha coidada produción sonora. A proposta destaca pola atención á narrativa, ao texto e á interpretación vocal como eixes expresivos principais.

Javier Lago

Eventos do programa

23/04/2026 · Concerto no Garufa Club, A Coruña
Cartaz concerto LAW + AMOEBO no Garufa Club
X