Territorio Emprende | Fundación Paideia Galiza
40646
page-template-default,page,page-id-40646,bridge-core-3.3.2,qi-blocks-1.4,qodef-gutenberg--no-touch,qode-optimizer-1.0.4,,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-30.8.3,qode-theme-bridge,disabled_footer_bottom,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-8.0,vc_responsive

2ª EDICIÓN DE TERRITORIO EMPRENDE

Estado: Activo

A xornada tratará de crear un espazo participativo e lúdico, onde a comunidade pode compartir receitas gastronómicas da tradición local, acompañados de músicas de raíz, recoñecendo os seus saberes e sentires, conectando entre xeracións e imaxinando en común o futuro do territorio.

DATOS BÁSICOS

Data: Do 13/11/2025 ao 10/04/2026

Horario: Xoves, de 16:30 a 20:00h de xeito habitual con pequenas variacións. Consultar programa

Modalidade: Presencial

Custo: De balde

QUE É TERRITORIO EMPRENDE? 

É un programa interxeracional que conecta persoas con ganas de idear colectivamente propostas para mellorar a vida no rural. Trátase de atopar alternativas sostibles, innovadoras e enraizadas no noso territorio.

A QUEN VAI DIRIXIDO? 

A veciños e veciñas de calquera ideade e con calquera tipo de formación dispostos/as a pensar, desenvolver e validar iniciativas e propostas diversas que xeren un beneficio común.

POR QUE PARTICIPAR? 

  • Aprenderás a colaborar con persoas de perfís diversos e a traballar en rede con metodoloxías de co-creación
  • Impulsarás proxectos dos que sentirte orgulloso e orgullosa que xeren impacto real na túa contorna
  • Accederás a unha formación e un acompañamento da man de profesionais
  • Desenvolverás as habilidades necesarias para por boas ideas a camiñar
  • Formarás parte dunha comunidade comprometida co territorio

Queremos provocar cambios e impacto positivo en diversas áreas. Para iso, propoñemos un plan de aprendizaxe e ideación colectivo enfocado en diferentes eidos clave como a integración social, os novos modelos de convivencia, o reto demográfico, a transición enerxética, a mobilidade, a cultura, o medioambiente, etc.

MÓDULOS DE CONTIDO

METODOLOXÍA

Asistencia superior ao 80%.

Charlas con expertos no seu eido e dinámicas grupais.

Participación na xornada de peche.

FIADA, proxecto da 1ª edición de Territorio Emprende

CONVOCATORIA PECHADA

FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN

Data límite: Martes, 4 de novembro

CONTACTO E REDES

Teléfonos:  981 817 000| 610 418 648

Instagram: Paideia

Facebook: Paideia 

ORGANIZA E COLABORA

Programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus.

X