Xa instalado e incluso podería dicir que aclimatado!
Cheguei a Suecia no momento idóneo para gozar co cambio de estacións, dende a beleza da natureza no outono á chegada do inverno, coa neve como compañeira (que xa non nos abandona)
Todo xenial, a verdade. Dende as compañeiras no traballo e fóra del, o apartamento, a vila…
O único que se me resiste – de momento – é o svenska, pero tempo ao tempo!
Si, o proxecto está moi ben
É un ambiente intercultural moi enriquecedor
Non tiña expectativas ao respecto, así que non podo dicir se era ou non co que contaba…
Pero, polo menos ata o de agora, está a ser unha experiencia moi interesante na que me apetece seguir descubrindo e aprendendo