V Xornadas Industrias Musicais Desenvolvemento Do Talento No Escenario Dixital | Fundación Paideia Galiza
34074
page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-34074,bridge-core-3.3.2,qi-blocks-1.3.4,qodef-gutenberg--no-touch,qode-optimizer-1.0.3,,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-30.8.3,qode-theme-bridge,disabled_footer_bottom,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-8.0,vc_responsive

EVENTOS: conferencias, jornadas, seminarios…

A Industria Musical leva inherente a creatividade e a adaptación a novos escenarios. O contexto actual irrompeu transformando os modelos de distribución de produtos musicais, sexan gravados ou en directo. Baixo o título “Amplificando o directo: novos escenarios na contorna dixital” acolleremos a profesionais da Industria Musical que nos acheguen respostas e cos que xerar debate en torno a preguntas como: Como podemos sacar rendibilidade da distribución musical a través de plataformas dixitais? Cal é a legalidade que ampara os meus dereitos na distribución dixital da miña música? Como podo adaptar o contido audiovisual do meu proxecto para chegar ao meu público? Cales destas novas fórmulas chegan para ficar? Como se poden detectar novos talentos neste novo contexto?

13 MARZO 2021. 12:00. SALÓN TEATRO (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

MONETIZA A TÚA MÚSICA EN LIÑA

COMO SACAR RENDIBILIDADE Á DISTRIBUCIÓN MUSICAL EN PLATAFORMAS E DISTRIBUIDORAS DIXITAIS.

RELATORES

Ana-Biedma

Ana Biedma | A&R Label Manager en Altafonte
Licenciada en Xornalismo pola Universidad de Sevilla e Máster en Industria Musical y Estudios Sonoros pola Universidad Carlos III de Madrid. Traballou en empresas do sector musical como Green UFOs, Ticketea ou Universal Music Spain. Actualmente, en Altafonte, acompaña a selos, managers e artistas a mellorar o posicionamiento online dos seus lanzamentos e os asesora para sacar o máximo rendemento a tódalas ferramentas dixitais que teñen ao seu alcance.

Saúl-Cabrera

Saúl Cabrera | Director para España e LATAM de EmuBands
Consultor e formador de estratexia empresarial especializado en internacionalización e desenvolvemento de negocio. Saúl leva case unha década na industria musical coordinando o desenvolvemento de mercado de EmuBands para LATAM e España. Especializado no ámbito económico da distribución dixital, combina as súas funcións de dirección co asesoramento a selos discográficos e artistas.

MODERADOR

Luis-Fraga

Luis Fraga | Xornalista e experto en comunicación
Luis Fraga é un profesional independente da comunicación, asesor de comunicación para empresas e todo tipo de organizacións. Pertence ao corpo docente da Universidad Nebrija e de Atresmedia Formación, grupo de comunicación ao que segue vencellado trala súa etapa como presentador, editor e reporteiro de informativos de Antena 3 Noticias.

SHOWCASE

Sheila-Patricia

Sheila Patricia
E unha das voces da nova canción de autora en Galicia. Filla dunha galega e un arxentino/asturiano. As súas composicións, con rasgos característicos do folclore de ambos lugares, sempre se arroupan polas cordas dunha guitarra, un instrumento que unifica os dous continentes. A crianza nas Rías Baixas, próxima á fronteira con Portugal, non deixan indiferente a súa percepción da música. Sheila, ten ese modo de cantar, similar ás veces ao pranto fadista, con grande profundidade na interpretación. Sheila ven de estrear ‘Camiño Branco’ xunto co guitarrista arxentino Raúl Kiokio. Unha peza musicada sobre un poema de Rosalía que non deixará indiferente aos ouvidos de ninguén.

LLEGADO EL MOMENTO… ESPACIO PARA EMBEBER EL STREAMING DESDE YOUTUBE

17 ABRIL 2021. 12:00. CIDADE DA CULTURA (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

O CONTIDO AUDIOVISUAL NO ÉXITO MUSICAL

ALIÑA A TÚA IDENTIDADE COMO ARTISTA E O CONTIDO AUDIOVISUAL DO TEU PROXECTO

RELATORES

Karen-Saurí

Karen Saurí | Music Video Producer
Karen é produtora especializada en videos musicais para CANADA, recoñecida produtora audiovisual con sede en Barcelona e Londres. Karen ven de ser preseleccionada como Mellor Producer do ano nos prestixiosos UK Music Video Awards 2020. Está detrás de producións como ‘Exits’ para a banda británica Foals, a ‘Química’ dos colombianos Bomba Estéreo ou a recente ‘Physical’, unha vibrante e colorida promoción para a británica Dua Lipa.

Jesús-Guisado

Jesús Guisado | Co-Director de Monkey Week
Soñador por natureza e promotor por vocación, Jesús Guisado comezou no mundo editorial dirixendo xunto ao seu irmán César e ao incombustible Tali Carreto a revista gratuita Freek Magazine. En 2009, alentados por Enrique Bunbury e o produtor Paco Loco, lánzanse a dirixir o primeiro festival de showcases e feria da industria musical de España: Monkey Week, polo que teñen pasado centos de bandas chegadas de todo o planeta e miles de invitados e profesionais do sector.

MODERADORA

Lúa-Mosquetera

Lúa Mosquetera | Escritora e editora
Estudou Filoloxía Galega na Universidade de Santiago. Conta con dous poemarios publicados, ambos autoeditados: ‘Rasrás’ (2018) e ‘Aunque seas rara y seas pájaro’ (2020). Finalista da Poetry Slam Compostela no 2019 e gañadora da Virtual Poetry Slam Compostela no 2020. Leva a súa poesía ao público con numerosos recitais con acompañamento musical, algúns en festivais como o Festival Internacional de Poesía Kerouac, de Vigo; o Loro Facu, de Miño ou o Elas son Artistas, da Coruña.

SHOWCASE

Boceto_ponente

Nombre Ponente
Cargo.

RESERVA A TÚA PRAZA

RESERVA A TÚA PRAZA
(ENLAZARÍA AL FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN)

LLEGADO EL MOMENTO… ESPACIO PARA EMBEBER EL STREAMING DESDE YOUTUBE

8 MAIO 2021. 12:00. NÁUTICO DE SAN VICENTE (O GROVE)

DESENVOLVEMENTO DO TALENTO NO ESCENARIO DIXITAL

ESTRATEXIAS PARA A PROMOCIÓN DE ARTISTAS ENFOCADAS NA CONTORNA DIXITAL

RELATORES

Rosa-Lagarrigue

Rosa Lagarrigue | Manager e CEO de RLM
Considerada por moitos como a mánager española máis influinte do panorama latino, iniciou a súa traxectoria hai 40 anos con Miguel Bosé. A través da súa empresa, RLM, ten desenvolto a carreira de moitos dos artistas máis importantes da música en español como Mecano, Alejandro Sanz, Malú e, actualmente, Rozalén, Cami ou Raphael, entre outros. Entre os seus premios e recoñecementos destacan a Medalla de Prata ao Mérito no Traballo, concedida polo Ministerio de Traballo a proposta do Ministerio de Cultura e o premio Wonder Women of Latin Music, otorgado pola LAMC (Latin Alternative Music Conference) en 2020.

Sandra-Rotondo

Sandra Rotondo | Experta en medios de comunicación e radiofórmula
Neurobióloga de formación, leva vencellada ao mundo do espectáculo desde 1978. En 1988 incorporouse á discográfica BMG España como Xefa de Produto de Island Records, realizando campañas con U2, Whitney Houston, Montserrat Caballé e Mecano, entre outros. Tras desempeñar o cargo de Directora do selo RCA, en 1999 incorporouse ao Grupo Prisa para crear e dirixir Planet Events, actualmente empresa líder en España na promoción e produción de xiras de artistas internacionais latinos. En 2013 foi nomeada Directora Xeral de Prisa Música, cargo que desempeñou até hai uns meses.

MODERADORA

Patricia-Hermida

Patricia Hermida | CEO en dotbeat!
Patricia Hermida traballa desde 1995 na industria musical, principalmente como manager e produtora. Licenciada en Dereito Económico-Empresarial pola Universidade de Vigo, Máster en Propiedade Intelectual pola Universidad Rey Juan Carlos e Técnica Superior en Producción Audiovisual e Espectáculos, traballou no desenvolvemento de carreiras de recoñecidas artistas como Susana Seivane ou Herdeiros da Crus. Desde 2019 é Co-Presidenta do International Music Managers Forum (IMMF) e no 2016 foi unha das socias fundadoras do MIM (Mujeres de la Industria Musical).

SHOWCASE

Catuxa-Salom

Catuxa Salom
Vivindo nunha aldea de Galicia e con raíces Nativo-arxentinas, Catuxa Salom fusiona música galega e ritmos tribais cun envoltorio electrónico. Con máis de dez anos na industria musical, Catuxa presenta o seu proxecto máis persoal e ambicioso con proxección internacional.

RESERVA A TÚA PRAZA
(ENLAZARÍA AL FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN)

X