5 Marzo 2020 | 19:00 a 20:30 h
SEDE FUNDACIÓN PAIDEIA GALIZA (Praza María Pita, 17. A Coruña)
«A música era o meu refuxio. Podía arrastrarme no espazo que existe entre as notas e enrolarme na soidade». – Maya Angelou
Poderíamos dicir que á hora de afrontar a organización dun evento musical, unha das áreas máis complexas é a xestión dos recursos humanos. As promotoras deben contratar un grande número de traballadores, normalmente para só uns días nos que se acumulan unha grande cantidade de horas extras: persoal de produción, seguridade e control de accesos, condutores, persoal para despacho de billetes, limpeza… É posible que non se aborde o suficiente o tema das condicións de traballo destes profesionais da industria musical. Xornadas laborais excesivas? Salarios e horas extras? Prevención de riscos laborais?
Patricia Gabeiras
Doctora en Dereito da Cultura é socia directora da firma Gaberias & Asociados. Con máis de vinte anos de experiencia compaxina a súa actividade profesional coa docencia. Na actualidade é profesora do Máster de Propiedade Intelectual da Universidade Carlos III de Madrid.
Carmen Zapata
Estudou Dereito e Comunicación. Xerente da ASACC (Asociación de Salas de Concertos de Cataluña) dende 2006, é directora artística de Curtcircuit e socia fundadora e presidenta da Asociación MIM (Mulleres da Industria da Música).
Belén Regueira
Desenvolveu boa parte da súa traxectoria profesional nos medios públicos galegos, onde realizou información cultural, presentou o programa musical Chambo ou dirixiu o espazo radiofónico Extrarradio que impulsou o concurso A polo ghit.
A música emprendedora Marian Ledesma, coñecida coma La May, ofrece cancións, vivencias, imaxes e emocións nos seus espectáculos. O seu disco “El Ser y la Nada” lévanos ao primitivo, á raíz, de feito, é a Historia dun Todo. Foi participante do programa formativo de emprendemento musical da Fundación Paideia e a EOI e quedou finalista na batalla de bandas de Mahou e Estudios Mans.
Ha finalizado el plazo de inscripción para este evento.