XORNADA ESPAZOS QUE VOLVEN A VIDA | Fundación Paideia Galiza
40349
page-template-default,page,page-id-40349,bridge-core-3.3.2,qi-blocks-1.4,qodef-gutenberg--no-touch,qode-optimizer-1.0.4,,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-30.8.3,qode-theme-bridge,disabled_footer_bottom,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-8.0,vc_responsive

EVENTOS: conferencias, jornadas, seminarios…

Espazos que volven á vida. Re-naturalizar

Dirixida a paisaxistas, persoal técnico municipal, urbanistas, arquitectos/as, naturalistas, biólogos/as, enxeñeiros/as agrónomos/as e forestais, construtores/as e demais profesionais vencellados ao territorio.

Co obxectivo de reflexionar sobre como o urbanismo contemporáneo pode integrar procesos de renaturalización, restaurar os procesos ecolóxicos e favorecer a biodiversidade, co fin de contrarrestar os efectos dun urbanismo desmesurado no pasado.

11:00-11:10
11:10-11:50
11:50-13:00
13:00

OLA BOS DÍAS!

Presenta/Modera: Margarita Fraga

Doutora en Química ambiental e directora técnica do Laboratorio de Biotecnoloxía Vexetal Cultigar, onde desenvolve proxectos de investigación orientados ao desenvolvemento do sector agroforestal, poñendo en valor o capital natural galego desde unha perspectiva sostible, innovadora e socialmente responsable.

FOTO-MARGAFINCA

VISIONADO DO DOCUMENTAL CON OUTRA OLLADA.

MESA FALADOIRO: Conversas que inspiran: urbanismo con vida.

Pedro Calaza

Doutor Arquitecto da Paisaxe e Doutor Enxeñeiro Agrónomo. Decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia e Vicepresidente do Consello Galego de Enxeñerías. Director da Escola Galega da Paisaxe, membro do Grupo de Traballo WG7 de bosques urbanos e periurbanos da FAO e do Grupo de Estudos do Territorio da Universidade da Coruña.

Covadonga Carrasco

Arquitecta cofundadora do estudio CREUSeCARRASCO. Membro do grupo internacional Un día / Unha arquitecta. O seu traballo toca desde a pequena escala á rehabilitación e ampliación de edificios históricos, pero tamén creacións de escala urbana e territorial, con intervencións en espazo público ou en itinerarios universais como o Camiño de Santiago. Recoñecida desde prestixiosos premios internacionais, ademais de contar coa publicación da súa obra en diferentes monografías e revistas nacionais e internacionais. Coeditora da revista RESINA que apoia a reinvención da paisaxe próxima como forma xenérica.

Santiago Vázquez

Vicepresidente do Grupo Naturalista Hábitat e profesional da xardinería. Leva máis de 30 anos como membro desta entidade sen ánimo de lucro dedicada ao estudo, conservación e divulgación do patrimonio natural galego -20 deles asumindo diferentes cargos na súa xunta directiva-. No seu ámbito profesional, no que leva máis de 20 anos vencellado, traballa a prol da integración da biodiversidade na creación e manexo dos espazos verdes.

FOTO-PEDRO-MEXICO.jpeg
FOTO-COVADONGA
Imaxe de Santiago Vazquez Casas_@Fuco Reyes

ESPAZO ABERTO PARA PREGUNTAS E PETISCO.

11:00-11:10

OLA BOS DÍAS!

Presenta/Modera: Margarita Fraga

Doutora en Química ambiental e directora técnica do Laboratorio de Biotecnoloxia Vexetal Cultigar, onde desenvolve proxectos de investigación orientados ao desenvolvemento do sector agroforestal, poñendo en valor o capital natural galego desde unha perspectiva sostible, innovadora e socialmente responsable.

FOTO-MARGAFINCA

11:10-11:50

VISIONADO DO DOCUMENTAL CON OUTRA OLLADA.

11:50-13:00

MESA FALADOIRO: Conversas que inspiran: urbanismo con vida.

Pedro Calaza

Doutor Arquitecto da Paisaxe e Doutor Enxeñeiro Agrónomo. Decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia e Vicepresidente do Consello Galego de Enxeñerías. Director da Escola Galega da Paisaxe, membro do Grupo de Traballo WG7 de bosques urbanos e periurbanos da FAO e do Grupo de Estudos do Territorio da Universidade da Coruña.

FOTO-PEDRO-MEXICO.jpeg

Covadonga Carrasco

Arquitecta cefundadora do estudio CREUSeCARRASCO. Membro do grupo internacional Un dia / Unha arquitecta. O seu traballo toca desde a pequena escala á reabilitación e ampliación de edificios históricos, pero tamén creacións de escala urbana e territorial, con intervencións en espazo público ou en itinerarios universais como o Camiño de Santiago. Recoñecida desde prestixiosos premios internacionais, ademais de contar coa publicación da súa obra en diferentes monografías e revistas nacionais e internacionais. Coeditora da revista RESINA que apoia a reinvención da paisaxe próxima como forma xenérica.

FOTO-COVADONGA

Santiago Vázquez

Vicepresidente do Grupo Naturalista Habitat e profesional da xardineria. Leva máis de 30 anos como membro desta entidade sen ánimo de lucro dedicada ao estudo, conservación e divulgación do patrimonio natural galego -20 deles asumindo diferentes cargos na súa xunta directiva-. No seu ámbito profesional, no que leva máis de 20 anos vencellado, traballa a prol da integración da biodiversidade na creación e manexo dos espazos verdes.

Imaxe de Santiago Vazquez Casas_@Fuco Reyes

13:00

ESPAZO ABERTO PARA PREGUNTAS E PETISCO.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

X