IV Xornadas Industrias Musicais · A música: O territorio perfecto para unir marcas e consumidores (2/xullo) | Fundación Paideia Galiza
32188
page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-32188,bridge-core-3.3.2,qi-blocks-1.3.5,qodef-gutenberg--no-touch,qode-optimizer-1.0.4,,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-30.8.3,qode-theme-bridge,disabled_footer_bottom,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-8.0,vc_responsive

EVENTOS: conferencias, jornadas, seminarios…

XORNADA

A música: O territorio perfecto para unir marcas e consumidores

DATA E HORA

   2 Xullo 2020 | 19:00 a 20:30 h

LUGAR

  SEDE FUNDACIÓN PAIDEIA GALIZA (Praza María Pita, 17. A Coruña)

AFORO LIMITADO seguindo a lexislación vixente na proteción fronte a Covid-19.

STREAMING a través da canle de youtube de Fundación Paideia Galiza.

«A música é unha forma de soñar xuntos e ir a outra dimensión»”. – Cecilia Bartoli

Nos últimos anos moitas marcas decidiron unirse ó mundo da música por considerala o territorio perfecto para vincularse emocionalmente cos seus consumidores. Preguntámonos como as marcas aportan valor e melloran as experiencias do público e se son capaces de achegarse á cultura do entorno no que actúan. Son capaces ademais de fomentar ou xerar cambios sociais? Cales son?

RELATORES

Cristina García – Directora de comunicación e márketing en Esmerarte Industrias Creativas

Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, deu o salto á industria musical tras unha etapa na produción de formatos televisivos. É Directora de Comunicación e Márketing en Esmerarte Industrias Creativas, onde leva traballado máis de 10 anos en lanzamentos discográficos, xiras e festivais con nomes como Vetusta Morla, Xoel López, Carlos Sadness, O Son do Camiño, PortAmérica…

Santiago Miguélez – Director de Marketing para Iberia en Hijos de Rivera SAU

Físico de formación que, polos azares da vida e a súa paixón polo márketing, acumula 17 anos de experiencia posicionando marcas en sectores tan competitivos como as telecomunicacións ou os produtos de gran consumo. Actualmente é Director de Márketing para Iberia en Hijos de Rivera SAU.

MODERADORA

Belén Regueira – Xornalista

Desenvolveu boa parte da súa traxectoria profesional nos medios públicos galegos, onde realizou información cultural, presentou o programa musical Chambo ou dirixiu o espazo radiofónico Extrarradio que impulsou o concurso A polo ghit.

 

SHOWCASE

Elman son Keenan Elman, Cristóbal Castro e Fernando Fraga. Esta banda emprendedora compartiu escenario con The Temples e Belle and Sebastian na 32 edición do Festival Noroeste. Elman ten sido definido como pop rock, rock alternativo, até unha especie de punk a cámara lenta. Úneos a paixón polo oficio da música e unha visión compartida.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Ha finalizado el plazo de inscripción para este evento.

X