IV Xornadas Industrias Musicais · Superar fronteiras coa música (6/febreiro) | Fundación Paideia Galiza
32007
page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-32007,bridge-core-3.0.1,,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-30.1,qode-theme-bridge,disabled_footer_bottom,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-7.1,vc_responsive

EVENTOS: conferencias, jornadas, seminarios…

Xornadas Industrias Musicais 2020

XORNADA 6/FEBREIRO

Superar fronteiras coa música: conexións entre a escena musical galega e portuguesa

«A música actúa coma unha chave máxica, capaz de abrir o corazón máis estreitamente pechado». – Maria Augusta von Trapp

A pesar dunha orixe histórica común, Galicia e Portugal seguen sen sacar un maior proveito da súa proximidade xeográfica. Pobos veciños, con evidentes similitudes idiomáticas e culturais, continúan en ocasións vivindo de costas ás múltiples oportunidades que quedan por explorar. No relativo á industria musical preguntámonos: Existen pontes musicais entre Portugal e Galicia? Cales son?

DATA E HORA

   6 Febreiro 2020 | 19:00 a 20:30 h

LUGAR

  SEDE FUNDACIÓN PAIDEIA GALIZA (Praza María Pita, 17. A Coruña)

RELATORAS

Uxía

Nos seus máis de 30 anos de carreira artística, renovou a música tradicional galega conectándoa coas culturas atlánticas, mesturando alalás con morna, fado e ritmos brasileiros. Premio da Crítica Galicia 2016 e creadora do Festival Internacional da Lusofonía “Cantos na maré”. No ano 2015 crea o seu propio selo discográfico, co que autoproduce Baladas da Galiza imaxinaria (Damadriña, 2015)

Joana Brandão

Xornalista e comunicadora social, traballa como asesora de prensa nas áreas culturais, na comunicación de importantes festivais e de bandas de España e Portugal. Tamén produce e xestiona tanto espectáculos como artistas.

MODERADORA

Belén Regueira

Desenvolveu boa parte da súa traxectoria profesional nos medios públicos galegos, onde realizou información cultural, presentou o programa musical Chambo ou dirixiu o espazo radiofónico Extrarradio que impulsou o concurso A polo ghit.

 

SHOWCASE

Astrogirl é María Jesús Cabana, artista coruñesa que no ano 2017 gañou o 2º premio do certame OUTRA+OUTRA de Estudios Mans. Entón, gravou o seu 1º EP: Cosmos Inside (2018) e formou a súa propia banda, tocando en relevantes salas e festivais.

No pasado 2019 quedou finalista na edición do concurso Sonidos Mans.

Ha finalizado el plazo de inscripción para este evento.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

X