Xornada · Turismo e música en directo | Fundación Paideia Galiza
30073
page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-30073,bridge-core-3.0.1,,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-30.1,qode-theme-bridge,disabled_footer_bottom,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-7.1,vc_responsive

EVENTOS: conferencias, jornadas, seminarios…

XORNADAS

FOTOGRAFÍA, TURISMO E INNOVACIÓN NA MÚSICA EN DIRECTO

31 XANEIRO / 28 FEBREIRO / 28 MARZO 2019

A industria musical forma parte dun ámbito cultural no que cada día xorden novos cambios, tendencias e novos xeitos de facer as cousas.

Estas xornadas pretenden favorecer o intercambio, aprendizaxe, reflexión e debate sobre o papel, en moitas ocasións invisible, dos profesionais adicados á fotografía, ao desenvolvemento turístico ou á tecnoloxía vinculada coa industria musical.

XORNADA 28/FEBREIRO

Turismo e música en directo

Un festival de música vívese 24 horas? Impacto e avaliación no noso municipio.

Os festivais xa forman parte dos veráns das nosas localidades, e como tal son una parte inseparable dos nosos plans e escapadas estivais. Pero, cal é a súa influencia real a nivel artístico, cultural e económico no noso día a día e no das cidades que os acollen?

DATA E HORA

   28 FEBREIRO 2019 | 19:00 A 20:30 h

LUGAR

  SEDE FUNDACIÓN PAIDEIA GALIZA (Praza María Pita, 17. A Coruña)

RELATORES

Miguel de la Cierva. Actualmente director e xestor do Náutico, afamado local de música en vivo en San Vicente Do Mar, O Grove. O Náutico é un dos locais con máis afluencia turística gracias a una ampla programación de concertos que inclúen numerosos artistas consagrados e, en xeral, unha gran capacidade de convocatoria.

Miguel xestionou entre outras actividades, o management de grupos como “Cornelius”, “Río Bravo” e “Tangata” con contratos de promotor, programador e productor de concertos. Tamén foi director de eventos na “Volvo Ocean Race 2005”, estando á fronte da organización de eventos durante a volta o mundo de vela.

 Simón Valentín Bueno.Ex alcalde de Villarobledo e impulsor do Viña Rock, un dos festivais de rock e música alternativa máis afamados en todo o país, a través do que conseguiu dar a coñecer o nome da localidade en toda España. Viña Rock é un referente a nivel nacional, tendo un relevante impacto económico anual na localidade manchega.

Adrián Rodríguez. Cunha ampla carreira na organización e xestión de eventos, Adrián é principalmente coñecido por ser o fundador e director do festival Sueños de Libertad en Ibiza, proxecto que combina música en directo coas obras de artistas insulares e internacionais. Adrián é así mesmo dono e programador da sala O Sitio, Ibiza, e foi fundador e director doutros festivais como Brisa Flamenca, concertos e eventos ao longo de toda a comunidade balear.

MODERADOR

Francisco Javier Núñez. Fran Núñez é Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas, Doutor en Economía Aplicada á Cultura e Doutorando en Comunicación. Ten completado a súa formación escénica con obradoiros arredor do mundo, sendo seleccionado como representante de España no Interplay Europa 2014 celebrado en Bregnez. Nos últimos anos traballou en diferentes postos en proxectos en compañías tanto públicas como privadas entre Europa e Sudamérica, nas que destacan Boccaccione (Brasil), Ship Of Fools (Francia) ou Teatro de la Zarzuela (España).

Na actualidade compatibiliza a práctica escénica coa investigación e codirixe os estudos de avaliación de impacto dos festivais vencellados á marca Fest Galicia promovidos dende Agadic.

SHOWCASE

showcase-inversion

InVersion

Grupo formado por dúas mulleres profesionais da música, Sandra Carballo (cello) e Miriam Buceta (violín), que rompen cos estereotipos da música clásica para innovala e combinala coa música moderna. Ofrecen música orixinal e propia, pensada para todos os públicos, adaptando a tradición clásica en xéneros modernos, achegándoa ás novas tendencias da industria musical.

Ha finalizado el plazo de inscripción para este evento.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

X