05 Abr Aberta a inscrición na xornada «O contido audiovisual no éxito musical»
A Fundación Paideia Galiza abre o prazo de inscrición para participar na xornada «O contido audiovisual no éxito musical», a segunda do V ciclo de Xornadas de Industrias Musicais. O evento, que se celebrará o sábado 17 de abril ás 12:00 terá lugar no Edificio CINC da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. Poderá seguirse presencialmente ou a través de live streaming a través da canle de YouTube de Fundación Paideia Galiza. A inscrición para esta xornada fica aberta a través do seguinte enlace.
Esta sesión contará coa participación de Karen Saurí, Music Video Producer na produtora audiovisual Canada. Saurí ven de ser preseleccionada como Mellor Producer do ano nos prestixiosos UK Music Video Awards 2020. Tamén contaremos con Jesús Guisado, co-Director do Monkey Week, primeiro festival de showcases e feira da industria musical de España. Con eles descubriremos o papel que xoga o contido audiovisual na definición da imaxe dunha artista musical e no desenvolvemento e distribución das súas creacións. Trala palestra e debate contaremos coa actuación da cantautora Yosune. O acto estará conducido e moderado pola escritora e editora coruñesa Lúa Mosquetera.
A terceira e última das xornadas incluídas dentro deste ciclo celebrarase no mesmo horario o 8 de maio no Náutico de San Vicente do Grove. A Fundación Paideia Galiza e a Xunta de Galicia procuran, a través da organización destas Xornadas, o intercambio, o debate e a reflexión entre as/os profesionais vencelladas/os á industria musical, ofrecendo ferramentas para o medre do sector e o fortalecemento da súa actividade emprendedora.
Sorry, the comment form is closed at this time.