O enxeñeiro de son Luis del Toro pechou o VII Ciclo de Xornadas de Industrias Musicais

A sala Frank Sin Ancla de San Vicente do Mar (O Grove) acolleu a derradeira xornada do  VII Ciclo de Xornadas de Industrias Musicais  baixo o título “A produción musical en tres pasos”, organizadas pola Fundación Paideia Galiza en colaboración coa Xunta de Galicia.

Neste terceiro encontro, que se celebrou o pasado 29 de xuño baixo o título “PRODUCIÓN MUSICAL – PASO 3 – POSPRODUCIÓN – MESTURA E MÁSTER”, participou como relator o enxeñeiro de son Luis del Toro. 

Del Toro é un recoñecido enxeñeiro de son que traballou con artistas da talla de  Aitana, Ana Belén, Chucho Valdés, Extremoduro, Joaquín Sabina, Juan Luis Guerra, Miguel Ríos, Morat, Raphael, Vetusta Morla, Viva Suecia, Zzoilo, etc..

A produción musical en tres pasos

Este VII Ciclo de Xornadas de Industrias Musicais «A produción musical en tres pasos” iniciouse no mes de abril coa masterclass «PASO 1 – PREPRODUCIÓN – GRAVAMOS?». Participou o productor musical Juan de Dios Martín, que recibiu catro nomeamentos aos Grammy, dous aos americanos e outras dúas aos latinos. Tamén formou parte do Comité Executivo da sección de Los Ángeles do Audio Engineering Society, onde tomou a iniciativa para convertela na primeira sección bilingüe en Estados Unidos nos máis de 70 anos de historia da asociación

Na segunda xornada «PASO 2 – PRODUCIÓN – A GRAVACIÓN», celebrada nos Estudios Mans da Coruña, participou Salomé Limón, produtora, enxeñeira de son, compositora e deseñadora de son, presidenta fundadora de PIAudio (Asociación Iberoamericana de Produtoras e Enxeñeiras de Audio) e membro activo da Grammy Academy.

A Fundación Paideia Galiza, a través de Estudios Mans, e a Xunta de Galicia teñen como obxectivo, a través da organización destas xornadas,  o intercambio, o debate e a reflexión entre os/as profesionais ligados/as á industria musical, ofrecendo ferramentas para o crecemento do sector e o fortalecemento da súa actividade emprendedora. Estas accións están enmarcadas nun convenio de colaboración entre a Agadic e a Fundación Paideia Galiza para traballar nunha maior profesionalización no ámbito da música emerxente.

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.

X