Novo ciclo de Xornadas de Industrias Musicais

A Fundación Paideia Galiza, coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), organiza entre os meses de abril, maio e xuño de 2023 o VII Ciclo de Xornadas de Industrias Musicais “A produción musical en tres pasos”. As 3 sesións, programadas en formato masterclass, abordarán a produción musical en tres pasos; a preprodución, o traballo previo a entrar no estudo; a produción, o traballo no estudo e o último paso, a posprodución, a mestura e o máster. Os relatorios, estarán acompañados dun showcase dunha banda ou artista emerxente galega.

O primeiro dos encontros, ¿“Paso 1 – Preprodución – Gravamos? celebrarase o mércores 19 de abril no MIHL (Parque da Milagrosa – Av. Infanta Elena, s/n, 27003 Lugo) entre as 19:00h e 20:30h. Esta sesión contará coa participación de Juan de Dios Martín (www.juandedios.es) produtor musical que recibiu catro nomeamentos aos Grammy, dous aos americanos e outras dúas aos latinos. Tamén formou parte do Comité Executivo da sección de Los Ángeles do Audio Engineering Society, onde tomou a iniciativa para convertela na primeira sección bilingüe en Estados Unidos nos máis de 70 anos de historia da asociación. Helena Egea será o proxecto musical que participará ofrecendo un showcase en esta primeira sesión.

A inscrición para esta xornada é gratuíta e xa está aberta a través da web de Fundación Paideia Galiza www.paideia.es

A Fundación Paideia Galiza e a Xunta de Galicia procuran, a través da organización destas Xornadas, o intercambio, o debate e a reflexión entre as/os profesionais ligadas á industria musical, ofrecendo ferramentas para o crecemento do sector e o fortalecemento da a súa actividade emprendedora.

Traballando para a profesionalización da música emerxente

A Fundación Paideia Galiza, coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), organiza entre os meses de abril, maio e xuño de

A Fundación Paideia Galiza e a Xunta de Galicia procuran, a través da organización destas Xornadas, o intercambio, o debate e a reflexión entre as/os profesionais ligadas/vola a industria musical, ofrecendo ferramentas para o crecemento do sector e o fortalecemento da a súa actividade emprendedora.

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.

X