Contenido en GALLEGO
Conscientes da actual conxuntura da industria cultural e os novos modelos de actividade empresarial –máis multidisciplinares–, as tres entidades promotoras deste ciclo de xornadas, Fundación Paideia, AGADIC e Estudios MANS, procuran impulsar o tecido creativo musical e dotalo de coñecementos e ferramentas que o fagan máis profesional e competitivo. Falaremos con directores/as de festivais, produtores/as, programadores/as, medios de comunicación, críticos/as musicais…, para entender como e cando afrontar cada fase dun proxecto musical. En definitiva un punto de encontro e reflexión sobre a situación do sector das industrias musicais.
JACOBO SUTIL
Director AGADIC
GUILLERMO VERGARA
Vicepresidente Fundación Paideia