Conferencia "Confidencialidade e intimidade nos servizos sociais" | Fundación Paideia Galiza
27590
page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-27590,bridge-core-3.0.1,,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-30.1,qode-theme-bridge,disabled_footer_bottom,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-7.1,vc_responsive

EVENTOS: conferencias, jornadas, seminarios…

  23/Novembro/2017  |   19:00-21:00

  Praza María Pita, 17. A Coruña

Conferencia «Confidencialidade e intimidade nos servizos sociais. Respecto e trato cálido»

OBXECTIVO DO CICLO DE CONFERENCIAS «BIOÉTICA NOS SERVIZOS SOCIAIS»

Malia a defensa de valores como a liberdade, a igualdade ou a intimidade persisten na nosa sociedade prácticas de exclusión, marxinación ou inxustiza que afectan ás persoas usuarias dos servizos sociais e mais aos profesionais, familiares e a toda a comunidade. Promover aqueles valores e corrixir estas prácticas é un dos obxectivos dunha intervención social de calidade, que debe combinar a competencia técnica coa excelencia ética.

Na procura desta calidade nos servizos sociais comunitarios dos concellos que o integran, o Consorcio As Mariñas aposta pola formación bioética do seu persoal, en colaboración co Grupo de investigación Filosofía, Constitución e Racionalidade da Universidade da Coruña, cara a creación dun Comité de Ética dos Servizos Sociais na comarca que facilite a toma de decisións e contribúa á implantación dunha cultura bioética na intervención diaria destes equipos técnicos.

Paralelamente, para transmitir á cidadanía a importancia da Bioética e compartir experiencias similares doutras Comunidades Autónomas, ambos organizan en colaboración coa Fundación Paideia Galiza este ciclo de tres conferencias sobre Bioética nos Servizos Sociais.

Mellorar a calidade da intervención e dos procesos de toma de decisións dos/as profesionais, e contribuír a implantar unha cultura bioética nos profesionais dos Servizos Sociais do Consorcio e na sociedade.

Dirixido a todos profesionais e á cidadanía impartidas por representantes dos comités de ética dos servizos sociais ou comités de ética en intervención social existentes noutras Comunidades Autónomas.

As conferencias permiten coñecer a experiencia autonómica de fóra de Galiza, compartir a cultura bioética dos servizos sociais e transmitir á cidadanía a importancia destas cuestións.

RELATORA

Beatriz Díaz Pérez
Diplomada en Traballo Social (Universidad de Oviedo). Experta en Avaliación de programas sociais (Universidad de Oviedo) e Máster en Bioética (Universidad Complutense de Madrid).
Xefa de sección de calidade de recursos e proxectos singulares. Consejería de servicios y derechos sociales del Principado de Asturias.
Presidenta do Comité de Ética en Intervención Social del Principado de Asturias.

PRESENTADORA

Mónica Forteza Monfort
Licenciada en Psicología (UNED). Máster en Dependencia y Discapacidad (UNED)
Especialista en Promoción de la Autonomía Personal y Espacios Accesibles.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

X