Conferencia "O coidado das diferenzas nos servizos sociais" | Fundación Paideia Galiza
28766
page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-28766,bridge-core-3.0.1,,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-30.1,qode-theme-bridge,disabled_footer_bottom,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-7.1,vc_responsive

EVENTOS: conferencias, jornadas, seminarios…

  24/Maio/2018  |   19:00-21:00

  Praza María Pita, 17. A Coruña

CONFERENCIA

«O coidado das diferenzas nos Servizos Sociais. Unha cuestión de xustiza»

OBXECTIVO DO CICLO DE CONFERENCIAS «BIOÉTICA NOS SERVIZOS SOCIAIS»

Malia a defensa de valores como a liberdade, a igualdade ou a intimidade persisten na nosa sociedade prácticas de exclusión, marxinación ou inxustiza que afectan ás persoas usuarias dos servizos sociais e mais aos profesionais, familiares e a toda a comunidade. Promover aqueles valores e corrixir estas prácticas é un dos obxectivos dunha intervención social de calidade, que debe combinar a competencia técnica coa excelencia ética.

Na procura desta calidade nos servizos sociais comunitarios dos concellos que o integran, o Consorcio As Mariñas aposta pola formación bioética do seu persoal, en colaboración co Grupo de investigación Filosofía, Constitución e Racionalidade da Universidade da Coruña, cara a creación dun Comité de Ética dos Servizos Sociais na comarca que facilite a toma de decisións e contribúa á implantación dunha cultura bioética na intervención diaria destes equipos técnicos.

Paralelamente, para transmitir á cidadanía a importancia da Bioética e compartir experiencias similares doutras Comunidades Autónomas, ambos organizan en colaboración coa Fundación Paideia Galiza este ciclo de tres conferencias sobre Bioética nos Servizos Sociais.

RELATORA

Begoña Román Maestre
Doutora en Filosofía e Profesora de Filosofía (Universidad de Barcelona).
Presidenta do Comité de Ética de Servicios Sociales de Cataluña e vogal do Comité de Bioética de Cataluña.
Entre as súas últimas publicacións destacan «Ética de los servicios sociales» (Barcelona, Herder, 2016) e «¿Quo vadis, Universidad?» (Barcelona, UOC, 2016), en colaboración con Francisco Esteban.

PRESENTADORA

Mónica Forteza Monfort
Licenciada en Psicología (UNED). Máster en Dependencia y Discapacidad (UNED)
Especialista en Promoción de la Autonomía Personal y Espacios Accesibles.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

X