Descubre los diferentes proyectos musicales de los/as participantes en la formación de emprendimiento musical celebrado en Santiago durante los meses de enero a mayo.
Viernes 5 de mayo de 2023.
18:30h.
Centro Xove de Creación Cultural (Rúa Proxecto Vagalume, 2, 15703 Santiago de Compostela)

981 910 100
Abril é tradición renovada, sons de raíz en harmonía co presente. Un espazo no que as indentidades converxen e crean comunidade nunha mesma foliada.
EMPRENDEDORES/AS
Marina Carpente, Antón Lago, Claudia Franco
LINKS
Álvaro Trillo é un músico, compositor, produtor e informático que ten como misión dotar de profundidade e enerxía emocional a contidos audiovisuais, a través da creación de música a medida. A súa versatilidade, coñecemento e experiencia en produción e informática musical permítenlle elaborar propostas adaptadas a todo tipo de producións, optimizando custos. Ademais, conta cunha ampla rede de colaboradores que lle permite comprometerse a que os seus clientes sempre recibirán unha música de gran calidade, axustada aos seus proxectos.
EMPRENDEDOR
Álvaro Trillo
LINKS
Amoebo é efervescencia. Unha reconstrución da verbena galega. Unha proposta de música urbana que se alimenta de ritmos latinos e do pop dos ‘80. Festa e diversión sen andrómenas, bailes desmedidos e moito humor, reflectido en temáticas que tocan o costumismo e a realidade da Galicia rural actual. Directos cunha alta intensidade que incitan á interacción co público, a mover as cadeiras e a chorrear en suor. A síntese de sons que evocan ao pasado como o funk pop, as cumbias, bachatas e merengues con sons máis actuais arraigados ao urban, como o autotune e os drums agresivos, forman un cóctel explosivo que non deixará indiferente a ninguén.
EMPRENDEDORES/AS
Aaron Valle
LINKS
Buscamos que co noso produto (a música) síntaste representadx e acompañadx nas túas decisións, facéndoche ver que o artista (André GS) tamén ten soños e frustracións, é contraditorio en si mesmo e moitos outros exemplos de ser humano común. André pon voz a esa xente que soña e chega; soña, frústrase e non chega; soña, cae pero levántase e triunfa. A través das letras e a música tratamos de representar a varias xeracións e que elas mesmas decidan consumir o produto como algo necesario para as súas vidas xa que senten que son parte da nosa música.
EMPRENDEDORES/AS
Xiao García
LINKS
Artista e produtor musical que encontrou o seu estilo a partir de autoproducirse, fusiona diferentes estilos musicais que van desde o urbano ata un pop máis orgánico e alternativo.
EMPRENDEDORES/AS
Christopher Martínez
LINKS
https://www.instagram.com/chris_indian/
De Ninghures soa a folk fresco e global onde sete mozos e mozas ensinan a súa forma de manter con vida a música tradicional galega nos tempos de globalización. A finais do 2022 publican o seu primeiro álbum “AQUÍ”, no que conflúen pezas de composición propia con arranxos do repertorio tradicional. Tras presentar o disco na sala Malatesta (Santiago), están a levar o seu traballo por diferentes salas e festivais como Festas de San Froilán (Lugo), Garufa Club (A Coruña) ou Rebullón (Mos).
EMPRENDEDORES/AS
Aldara Palmeiro, Manuel Lucas, Tomé Mouriño.
LINKS
ELBA fai de La Magia Natural un paradigma de eclecticismo insólito no pop nacional. O seu primeiro disco, no que a cantante e produtora santiaguesa crea paisaxes oníricos e atmosferas máxicas combinando música pop con elementos electrónicos, e unha voz doce, potente e audaz, capaz de cambiar de estilo e envolvernos no seu pop intimista, melódico e imprevisible.
EMPRENDEDORES/AS
Elba Souto
LINKS
Son Filloas, un artista de pop urbano en galego que che ven a traer unha música coa que non pararás de bailar e moverte. O meu estilo se basea na autenticidade das miñas letras, sendo un reflexo da miña vida e das miñas experiencias, abordando os meus sentimentos máis profundos pero buscando sacarche un sorriso (basicamente son un meme) intentando transmitir unha mensaxe positiva. Misturo ritmos ritmos clásicos do Punk con outros máis modernos como o Hyperpop ou o Trap, intentando facer as cousas con amor e (bo humor) máis que con técnica. Así que, se estás buscando música actual, auténtica e divertida en galego, non dubides en pasarte por un concerto meu. Polo menos che aseguro que farás un bo colega!
EMPRENDEDORES/AS
Iago Galego
LINKS
Futuro Alcalde é para que bailes, para que rompas os mobles, chores, namores e desenamores. De maneira máis concreta, a miña proposta de valor como solista é buscar algo novo, o suficientemente fresco para chamar a atención, pero sen volverse algo impostado. Que sexa próximo e que sirva para diferentes momentos sen esquecer que é música de festa. Unha mestura de estilos musicais que van desde o punk ao urbano, con letras honestas e sinceras. Actitude irreverente, marcada por unha presenza estética desafiante e cun show que non deixa indiferente ao público.
EMPRENDEDOR
Fernando Sanmartín
LINKS
Helena Egea é unha voz nova que chama ao pasado. Artista solista con estudos de violín, piano, voz e formación por libre de guitarra con experiencia en distintas bandas e formatos desde os 15 anos. Inspirada en grandes artistas como Aretha Fraklin, Ela Fitzgeral, Janis Joplin…, crea este proxecto mestura o son dos clásicos do soul, jazz e rock con novos elementos, como o violín. Coa súa voz evoca a paixón das voces de mulleres fortes recollidas en letras íntimas. O seu proxecto creceu desde a composición e o directo acústico con guitarra e piano. Agora engade un formato con banda, estreado en 2022 en Festival Noroeste como gañadora do concurso de Cuac Fm. A súa versatilidade e gusto ecléctico ofrecen unha aposta que se ve apoiada por distintos premios desde o ano 2020 (segundo premio con “Glass” nos premios á Xuventude dá Deputación de Pontevedra, segundo premio Sonidos Mans Salas 2022) e que se está consolidando este ano coa preprodución do seu primeiro EP como unha das seleccionadas na aceleradora SonEmerxente.
EMPRENDEDORA
Helena Egea
LINKS
Precursora do galenglish, hydn introdúcenos nun mundo de fantasía, lume e escuridade. hydn crea o que define como "main character music", unha música que, como ela mesma di "é unha especie de dark pop electrónico con influenzas do dark RnB, pero en realidade gústame xogar e beber de moitos máis xéneros". Cun son inspirado por artistas e xéneros moi diferentes, esta artista prométenos unha viaxe da que ninguén sairá indiferente. E ti... de que te estás a esconder?
EMPRENDEDORA
Sandra Guedev
LINKS
Javier Lago é un cantante e compositor pop nacido en Vigo en 1996. Despois de publicar cinco sinxelos entre 2021 e 2022, atópase a piques de estrear o que será o primeiro adianto do seu álbum debut. Nel, busca axuntar a súa herdanza musical, ligada aos cantautores e á música de finais dos 90 e principios dos 2000, con sons máis contemporáneos propios da súa xeración. Desta forma, consegue unha experiencia única na que se crean melodías recoñecibles que perduran na memoria de quen as escoita. Coas súas cancións, nas que trata temas vinculados directamente aos mozos adultos, reflectindo o seu momento vital actual, xera momentos de pausa que dan espazo ás emocións. Así, o oínte presta atención á mensaxe e á historia que se está contando, para explorar a través das súas letras as súas propias vivencias. Como artista, comprende que a parte visual do seu proxecto serve para potenciar o significado das cancións, polo que escribe e dirixe os seus propios videoclips, converténdose así nun artista multidisciplinar.
EMPRENDEDOR
Javier Lago
LINKS
Cantora e compositora ferrolá, descobre a súa paixón pola música ao longo das súas viaxes por latinoamérica, especialmente en Brasil. Iso vese reflectido nas súas composicións cheas de vida. Unha fusión na que ritmos afrobrasileiros mestúranse con estilos máis actuais e pinceladas de folclore galego. Músicas de raíz que percorren os corpos e convidan o baile. Unha proposta diferente con sons pouco habituais, onde as fronteiras desaparecen e podemos sentir que formamos parte de algo máis grande.
EMPRENDEDORES/AS
Lidia Castrillón, César Yáñez
LINKS
Un afiado cóctel de cancións, arrastrando e desgarrando as súas voces cara ao infinito a un ritmo moi suxestivo, con acordes e floreos que saen das súas guitarras nos seus rigorosos concertos... e nese preciso momento en que a enerxía é o status!! Alimentados por todo tipo de música rock, declaran ser unanimemente fans da retroalimentación e conseguen mediante unha naturalidade desempeñar un contaxio ante o seu público, facendo un espectáculo semieléctrico sen esquecerse de pegar o tempo. Vinte anos desde que nos coñecemos, así que a paixón , a entrega e a alegría, non pasan desapercibidas ante unha afiada liña musical na que non se illan os covers coas nosas propias composicións.
EMPRENDEDORES
Javier Bermejo
LINKS
Manufa é un mozo rapeiro proveniente do norte de Galicia, caracterízase por un estilo idóneo para ambientes de festa, en especial móvese nos xéneros de trap e techno. É un artista cunha gran presenza encima dos escenarios. Isto fai que o público este envorcado en cada show.
EMPRENDEDOR
Manuel Fernández
LINKS
Naitinain é un proxecto musical fincado en Santiago de Compostela, que mestura pop e rock con sons experimentais provenientes da fusión de recursos tradicionais galegos como a gaita e a frauta travesera, con guitarras e ritmos característicos da escena alternativa nacional. As súas letras transmiten unha mensaxe irónica sobre as inquietudes da mocidade de hoxe en día, da que forman parte, atendendo a emocións e situacións coas que calquera persoa pode sentirse identificada. Nacidos en 1999 (motivo que dá nome ao grupo), e sen ter moita idea de nada, Álvaro, Óscar, Pedro, Unai e Carlos deciden, en 2019, converter o grupo de amigos que forman desde o colexio nunha agrupación musical. Combinar estilos, coidando as súas orixes e ofrecendo un son atractivo para as novas xeracións, é a base desta proposta, e a través desta mesma, a banda compostelá pretende compartir a súa música e a súa forma de entendela con toda persoa interesada en explorar e coñecer novos ritmos e experiencias coas que conectar.
EMPRENDEDORES
Álvaro Parra, Óscar Álvarez, Pedro Montoya
LINKS
Paula Ferraz é unha cantautora malagueña que se move entre o pop e o rock alternativo e que atopa en cada lugar no que está un sitio do que facer casa. Nas súas cancións móstrase como un libro aberto para facer ao público cómplice das súas historias, e en cada concerto busca ofrecer unha experiencia única a través de colaboracións e variacións, potenciando a interacción coa xente. Defende os seus temas en distintos formatos de directo: acústico (a piano ou guitarra), trío e banda completa. As cancións do seu primeiro disco, Changes (Molinillo Records, 2018), contan as súas experiencias de forma sincera, tanto en inglés como en español. Presentouno en distintos escenarios de Madrid, Málaga e Galicia. Agora volve con forzas renovadas, cancións novas e moito que compartir.
EMPRENDEDORA
Paula Morais
LINKS
https://linktr.ee/soypaulaferraz
Sofi Peries é unha artista de R&B experimental que nos envolve nos contrastes da vida coas súas letras e a súa voz. Unha explosión de emocións chea de matices e con moito drama. Directos que impactan pola súa sensibilidade compartida que consegue que sintamos protagonistas das súas historias.
EMPRENDEDORES/AS
Sofía Pérez, Gerardo Arnoso, Bruno Fernández.
LINKS
"Sr. Salvaje" nace en formato Power Trío tras editar o seu primeiro E.P. "III" (Rock CD Records) ao reunirse tres músicos habituais da escena galega. Neste 2023 e afianzados como unha das bandas revelación do panorama "Rock and Roll" santiagués dos últimos anos están a piques de lanzar o seu primeiro longo. Este novo disco supón un salto cara a un son máis complexo, incorporando teclas e como é habitual, facendo equipo con Iago Pico aos mandos da produción artística e con Arturo Vaqueiro como enxeñeiro de son. Neste novo álbum a banda explora matices máis clásicos do Rock nacional, flirtean co Soul e mesmo incorporan algúns elementos do Country, Texmex e Rock sureño pero sen esquecer as guitarras afiadas e a voz rachada que surfeando sobre unha base rítmica de alta octanaxe, son xa marca da casa. Sr. SALVAJE SON: Guillermo Vistoso (Guitarra e Voz), Antón Torroncho (Baixo e coros), Emilio Iniesta (batería e coros) e Manuel Gómez (teclas, guitarra e coros).
EMPRENDEDOR
Guillermo Vizoso
LINKS
Torso é un proxecto de electrónica que nace da necesidade de ter un son propio e un control sen barreiras sobre a creatividade musical. Como multiinstrumentista, sempre formei parte doutros grupos, de diferentes estilos, instrumentais e cantados. Ao formar Torso, decido enfocarme na composición e a tímbrica dos elementos que nela se desenvolven É un proxecto en constante crecemento. A música electrónica de carácter “Ao vivo Set” e/o “Dawless” (Live performance con sintetizadores, caixas de ritmos, secuenciadores e sen computador), moitas veces carece de interese escénico, falta de enerxía e de posta en escena. O meu interese con Torso está baseado en ofrecer unha performance dinámica, con forza e chea de actitude.
EMPRENDEDOR
Ibán Pérez

El formulario está cerrado, pero si acuden a la puerta de nuestras instalaciones sobre las 18.15 horas, tendrán la posibilidad de inscribirse en persona.