V Xornadas Industrias Musicais O Contido Audiovisual No Exito Musical | Fundación Paideia Galiza
33785
page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-33785,bridge-core-3.0.1,,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-30.1,qode-theme-bridge,disabled_footer_bottom,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-7.1,vc_responsive

EVENTOS: conferencias, jornadas, seminarios…

A Industria Musical leva inherente a creatividade e a adaptación a novos escenarios. O contexto actual irrompeu transformando os modelos de distribución de produtos musicais, sexan gravados ou en directo. Baixo o título “Amplificando o directo: novos escenarios na contorna dixital” acolleremos a profesionais da Industria Musical que nos acheguen respostas e cos que xerar debate en torno a preguntas como: Como podemos sacar rendibilidade da distribución musical a través de plataformas dixitais? Cal é a legalidade que ampara os meus dereitos na distribución dixital da miña música? Como podo adaptar o contido audiovisual do meu proxecto para chegar ao meu público? Cales destas novas fórmulas chegan para ficar? Como se poden detectar novos talentos neste novo contexto?

17 ABRIL 2021. 12:00. CIDADE DA CULTURA (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

O CONTIDO AUDIOVISUAL NO ÉXITO MUSICAL

ALIÑA A TÚA IDENTIDADE COMO ARTISTA E O CONTIDO AUDIOVISUAL DO TEU PROXECTO

RELATORES

Karen-Saurí

Karen Saurí | Music Video Producer
Karen é produtora especializada en videos musicais para CANADA, recoñecida produtora audiovisual con sede en Barcelona e Londres. Karen ven de ser preseleccionada como Mellor Producer do ano nos prestixiosos UK Music Video Awards 2020. Está detrás de producións como ‘Exits’ para a banda británica Foals, a ‘Química’ dos colombianos Bomba Estéreo ou a recente ‘Physical’, unha vibrante e colorida promoción para a británica Dua Lipa.

Jesús-Guisado

Jesús Guisado | Co-Director de Monkey Week
Soñador por natureza e promotor por vocación, Jesús Guisado comezou no mundo editorial dirixendo xunto ao seu irmán César e ao incombustible Tali Carreto a revista gratuita Freek Magazine. En 2009, alentados por Enrique Bunbury e o produtor Paco Loco, lánzanse a dirixir o primeiro festival de showcases e feria da industria musical de España: Monkey Week, polo que teñen pasado centos de bandas chegadas de todo o planeta e miles de invitados e profesionais do sector.

MODERADORA

Lúa-Mosquetera

Lúa Mosquetera | Escritora e editora
Estudou Filoloxía Galega na Universidade de Santiago. Conta con dous poemarios publicados, ambos autoeditados: ‘Rasrás’ (2018) e ‘Aunque seas rara y seas pájaro’ (2020). Finalista da Poetry Slam Compostela no 2019 e gañadora da Virtual Poetry Slam Compostela no 2020. Leva a súa poesía ao público con numerosos recitais con acompañamento musical, algúns en festivais como o Festival Internacional de Poesía Kerouac, de Vigo; o Loro Facu, de Miño ou o Elas son Artistas, da Coruña.

SHOWCASE

Yosune

Yosune
Cosmopolita e ecléctica, esta cantautora nada en Venezuela e de orixe vasco presenta, acompañada do seu cuatro venezolano, un repertorio multilingüe inspirado na canción de autor, o folk e a música latinoamericana. Tras lanzar o seu primeiro LP como Yoyo Borobia, retoma o seu nome para presentar un lado máis emocional e teatral a través de cancións cun contido cada vez máis reivindicativo, unha sonoridade máis acústica e arranxos de cordas para as súas composicións e historias.

X