Cando pensamos qué nos deparará a ciencia do futuro, ineludiblemente aparece a abordaxe do cerebro humano como unha das últimas fronteiras do coñecemento. Incógnitas como a orixe de conciencia, a creación da mente, o modularidade da memoria ou a percepción da contorna xorden como preguntas motivadoras e, á vez, elusivas.
Sabemos que a neurociencia non é un compartimento estanco que se nutre exclusivamente de seu, senón que estende o seu coñecemento de forma recíproca con moitas disciplinas en ámbitos tan variados como a arte, a economía, as ciencias, a filosofía ou o dereito. Neste sentido, hai dous problemas fundamentais da neurociencia que a entroncan coa xustiza e que serán obxecto de análise nestas xornadas.
O primeiro refírese ao entendemento dos mecanismos da toma de decisións e se ese proceso é consciente, voluntario e está influído polas emocións. Cando decidimos, facémolo de forma voluntaria, racional e optimizando as consecuencias? Pódese falar de decisións libres ou estamos abocados a un neurodeterminismo?
O segundo céntrase nunha parte nuclear da neurociencia, a capacidade do cerebro de cambiar adaptándose ao medio para ser máis eficiente, que se coñece como plasticidade cerebral: aprendemos todos os días, modificamos as nosas memorias ou respondemos ante unha lesión cerebral para recuperarmos as funcións danadas. Os avances científicos agroman novas alternativas para actuar e mellorar a plasticidade cerebral, coa intención de axudar aos pacientes e curar múltiples patoloxías. Porén, que ocorre cando eses procedementos se utilizan en individuos sans? É eticamente correcto mellorar a capacidade cognitiva dalgúns individuos? É lícita a selección xenética para crear superhumanos? A superintelixencia, é humana ou mellor que humana?
19:00 – 19:15
| Presentación
19:15 – 19:45
| Cara unha neurociencia da liberdade
Jose María Delgado.
Catedrático de Neurociencia.
Universidade Pablo Olavide (Sevilla).
19:45 – 20:15
| Neurociencia e libre albedrío
desde unha perspectiva ética.
Jesús Conill.
Catedrático de Filosifía moral.
Universidade de Valencia.
20:15 – 20:45
| Pode escapar o Dereito do desafío do
determinismo neurocientífico?
Daniel González Lagier.
Catedrático de Filosofía do Dereito.
Universidade de Alacante.
20:45 – 21:30
| Debate
19:00 – 19:15
| Presentación
19:15 – 19:45
| Euxenesia ou terapia? Un dilema sen final.
Alberto Ferrús.
Profesor emérito de investigación.
Centro Superior de Investigacións.
Científicas (CSIC). Instituto Cajal. Madrid.
19:45 – 20:15
| Nesta festa coeime, e o cerebro mellorei.
Ou non?.
Javier Cudeiro.
Catedrático de Filosoloxía.
e Director do Centro de Estimulación
Cerebral de Galicia Universidade da Coruña.
20:15 – 20:45
| O ideal ético da humanidade
e a neurmellora.
Lydea Feito.
Profesora titular de Bioética.
e Humanidades médicas.
Universidade Computense de Madrid.
20:45 – 21:30
| Debate
19:00 – 19:15
| Presentación
19:15 – 19:45
| Cara unha neurociencia da liberdade
Jose María Delgado.
Catedrático de Neurociencia.
Universidade Pablo Olavide (Sevilla).
19:45 – 20:15
| Neurociencia e libre albedrío
desde unha perspectiva ética.
Jesús Conill.
Catedrático de Filosifía moral.
Universidade de Valencia.
20:15 – 20:45
| Pode escapar o Dereito do desafío do
determinismo neurocientífico?
Daniel González Lagier.
Catedrático de Filosofía do Dereito.
Universidade de Alacante.
20:45 – 21:30
| Debate
19:00 – 19:15
| Presentación
19:15 – 19:45
| Euxenesia ou terapia? Un dilema sen final.
Alberto Ferrús.
Profesor emérito de investigación.
Centro Superior de Investigacións.
Científicas (CSIC). Instituto Cajal. Madrid.
19:45 – 20:15
| Nesta festa coeime, e o cerebro mellorei.
Ou non?.
Javier Cudeiro.
Catedrático de Filosoloxía.
e Director do Centro de Estimulación
Cerebral de Galicia Universidade da Coruña.
20:15 – 20:45
| O ideal ético da humanidade
e a neurmellora.
Lydea Feito.
Profesora titular de Bioética.
e Humanidades médicas.
Universidade Computense de Madrid.
20:45 – 21:30
| Debate
Ha finalizado el plazo de inscripción para este evento.