O Programa Integrado de Emprego Emprega-Paideia forma a persoas con capacidades diferentes en sectores emerxentes

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, visitou xunto con responsables da Fundación Paideia Galiza, aos alumnos e alumnas que se están a formar e realizar prácticas no programa integrado Emprega Paideia que se centra en sectores emerxentes como a economía verde e a industria musical e está dirixido a menores de 30 anos e persoas con capacidades diferentes. O encontro cos alumnos tivo lugar nas instalacións de Trébore Jardinería, onde se está a impartir formación en economía verde.

É a segunda edición desta iniciativa que desenvolve a Fundación Paideia co apoio da Xunta e nos seus primeiros catro meses xa acadou preto do 30% de inserción laboral dos participantes. O obxectivo é chegar ao 35% como mínimo, tal e como explicou Marnotes.

Os alumnos e alumnas, ademais, estanse formando noutras disciplinas como ofimática e mantemento de edificios e locais. Así mesmo, reciben cualificación en orientación na busca de emprego, idiomas e redes sociais aplicadas á procura dun emprego, entre outros.

No hay comentarios

Lo sentimos, en estos momentos no es posible realizar comentarios.

X