Banner Marketing Dixital 2023

Novas formacións en Márketing Dixital e Cooperativismo

A Asociación de Desarrollo Local Deloa xunto a EOI – Escuela de Organización Industrial, e a Fundación Paideia Galiza, veñen de abrir a inscrición no programa formativo “Márketing Dixital e Cooperativismo”. Este programa formativo, dirixido a menores de 30 anos en situación de desemprego, levarase a cabo de modo presencial entre os meses de febreiro e xuño, e poderá realizarse en calquera das 3 edicións que se celebrarán de forma simultánea nos concellos de A Coruña, Boiro, Noia, Outes, Lousame, Rianxo, Dodro e Rois. Ademais de recibir máis de 200 horas de formación, as persoas participantes poderán desfrutar dunha semana noutra cidade de España coñecendo empresas e casos de éxito no sector do Márketing Dixital e o Cooperativismo.

A participación neste programa formativo é totalmente gratuíta e contará con recoñecidos/as profesionais do márketing dixital e do traballo cooperativo, referentes tanto a nivel galego como nacional. As clases grupais levaranse a cabo de modo presencial e se realizarán titorías individualizadas e grupais para o desenvolvemento de proxectos de cooperativismo no sector do márketing dixital. Ademais, as/os participantes contarán co asesoramento da consultora Ernst & Young para o desenvolvemento dos seus proxectos cooperativistas.

Esta é unha iniciativa conxunta da Asociación de Desarrollo Local Deloa, a EOI – Escuela de Organización Industrial, e a Fundación Paideia Galiza, coa que se procura mellorar a empregabilidade da mocidade galega creando oportunidades a través de modelos de traballo cooperativo nun sector en continuo medre. Para poder levala a cabo contan co apoio dos concellos de Boiro, Noia, Outes, Lousame, Rianxo, Dodro e Rois.

As persoas interesadas deben realizar a súa inscrición na web da Asociación Deloa antes do 20 de febreiro. Para máis información, poden contactar tamén a través do enderezo electrónico deloa@deloa.es e do teléfono 981 817 000.

No hay comentarios

Lo sentimos, en estos momentos no es posible realizar comentarios.

X