Novo Programa Integrado de Emprego da Fundación Paideia Galiza

A Fundación Paideia Galiza inicia un novo  Programa Integrado de Emprego dirixido a persoas que posúan certificado de discapacidade. Tamén poderán participar mozos/as sen formación e con idades comprendidas entre os 16 e 29 anos.

Este programa ten  como obxectivo adecuar as competencias persoais e laborais ás necesidades do mercado laboral actual, ademais de contar cun  compromiso de inserción laboral mínima  do 43% das persoas participantes.  

Dentro deste proxecto, prográmanse formacións nos sectores da xardinería, limpeza básica e hixienización e comercio e atención ó cliente.  Tamén se realizarán obradoiros de escoita activa e empatía, xénero no emprego, mobilidade laboral, técnicas eficaces na procura de emprego e realizaranse visitas a empresas punteiras. 

Ademais destas accións, realizarase un asesoramento e seguimiento individualizado de cada unha das persoas participantes. Será de vital importancia tamén, de cara á capacitación para o emprego das persoas participantes, a realización de prácticas non laborais en empresas de diversos sectores:

  • Textil 
  • Loxística 
  • Alimentación 
  • Tecnolóxico 
  • Comercio 
  • Estacións de servizo 
  • Xardinería e Viverismo entre moito outros. 

Todas estas propostas irán acompañadas dunha procura activa de oportunidades laborais con empresas punteiras.  Todas as persoas interesadas en participar poden poñerse en contacto coa Fundación Paideia Galiza a través dos teléfonos 981 223 927 – 618 408 949 ou do correo electrónico emprega@paideia.es

O Programa Integrado de Emprego é de carácer gratuíto, e conta con medidas de conciliación e con bolsas de asistencia de 10€/día por cada acción.

Esta formación realízase en colaboración coa Conselleria de Promoción do Emprego e Igualdade e está cofinanciada con fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE).

No hay comentarios

Lo sentimos, en estos momentos no es posible realizar comentarios.

X