04 Nov Fundación Paideia Galiza pon en marcha o novo Programa Integrado de Emprego 2025-2026 en colaboración coa Xunta de Galicia
Abrimos inscricións para poder formar parte do Programa Integrado de Emprego de Galicia 2025-2026, unha iniciativa gratuita dirixida a persoas desempregadas da provincia da Coruña.
Cal é o obxectivo do Programa Integrado de Emprego?
O programa, deselvolto en colaboración coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, ten como obxectivo mellorar as competencias profesionais e persoais das persoas participantes, adaptándoas ás necesidades reais do mercado laboral actual.
O programa combina orientación laboral individualizada, formación en sectores con alta demanda e prácticas non laborais en empresas da área metropolitana da Coruña. As persoas participantes tamén contarán cunha bolsa de asistencia de 10€ por día e medidas de conciliación como servizo de gardería, atención domiciliaria e entrevistas en liña.
En qué sectores poden ser as prácticas do Programa Integrado de Emprego da Fundación Paideia Galiza?
Entre as accións formativas destacan os cursos de xardinería, limpeza e hixienización, ofimática e competencias dixitais, comercio e atención ao cliente, así como formación en prevención de riscos laborais para albanelería. Tamén se impartirán obradoiros sobre técnicas de busca de emprego, emprendemento, igualdade de xénero e mobilidade laboral.
A quén está dirixida esta iniciativa gratuita?
Este programa está dirixido a persoas menores de 30 anos que se atopen en situación de desemprego, así como para persoas de calquera idade que conten cun certificado de discapacidade. O Programa Integrado de Emprego contará cun total de 100 persoas participantes e ten como obxectivo acadar un 45% de inserción laboral entre as súas beneficiarias.
Onde e durante canto tempo terá lugar o Programa Integrado de Emprego?
Máis información e inscricións:
- 981 22 39 27
- emprega@paideia.es
- Praza de María Pita, 17 – 15001 A Coruña

Sorry, the comment form is closed at this time.