A Fundación Paideia Galiza e a Xunta de Galicia pechan en Vigo o «VI Ciclo de Xornadas de Industrias Musicais»

A Fundación Paideia Galiza celebrou o pasado 26 de maio a última xornada do VI Ciclo de Xornadas de Industrias Musicais organizadas en colaboración coa Xunta de Galicia. Este terceiro encontro celebrouse en La Fábrica de Chocolate de Vigo baixo o nome “O directo IN-perfecto”.

 

Esta sesión contou coa participación de Josiño Carballo, director de Ernie Producciones. Participou  tamén Violeta Hernández, directora de LaSUITE e creadora e produtora de proxectos propios como o festival Nocturama. Con eles aprendemos como levar ao directo un proxecto musical cunha boa posta en escena. O acto estivo presentado e moderado polo músico e artista, Carlangas. Despois da presentación e o debate o público asistente puido gozar  do dúo Alberto Cernadas e Fransy.

A Fundación Paideia Galiza, a través de Estudios Mans, e a Xunta de Galicia teñen como obxectivo, a través da organización destas xornadas, que xa van pola súa sexta edición, o intercambio, o debate e a reflexión entre os/as profesionais ligados/as á industria musical. Ofrecen ferramentas para o crecemento do sector e o fortalecemento da súa actividade emprendedora. Estas accións están enmarcadas nun convenio de colaboración entre Agadic e a Fundación Paideia Galiza para traballar nunha maior profesionalización no ámbito da música emerxente.

No hay comentarios

Lo sentimos, en estos momentos no es posible realizar comentarios.

X