Paideia acolle a sesión de peche do programa «Deseñando o teu Futuro»

Participantes do proxecto asisten ao taller grupal e acto de peche das actividades nas sedes da Fundación Paideia Galiza en A Coruña e en Padrón.
O 90% dos participantes repetirían con outra experiencia.

DESEÑANDO O TEU FUTURO é un programa desenvolvido pola Fundación Paideia Galiza e financiado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar. Está destinado a mozos/as galegos/as con idades comprendidas entre os 15 e os 18 anos. Na difusión das actividades do programa countouse coa colaboración activa de centros educativos: I.E.S. Félix Muriel de Rianxo, I.E.S. Macías O Namorado de Padrón e I.E.S. Calvo Sotelo de A Coruña.

20150914_01

Este proxecto enmárcase nun dos eixes de traballo de Paideia (Xuventude e Mobilidade) que pretende promover oportunidades entre mozos galegos a través da adquisición de novas habilidades e competencias, tanto profesionais como persoais, que contribúan a ampliar os seus currículos formativos e proporciónenlles novas experiencias laborais adaptadas ás necesidades actuais do mercado laboral. En particular, con Deseñando o teu futuro, preténdese ademáis axudar aos mozos na toma de decisión sobre o seu futuro perfil profesional, facilitar a súa adaptación ao entorno socio-laboral, ofrecerlles unha experiencia de educación no formal para o desenvolvemento de coñecementos, aptitudes e competencias, así como mellorar a motivación persoal, eliminar os seus temores e determinar as súas expectativas.

Para conseguir estes obxectivos, o programa conta con sesións informativas e formativas en competencias sociolaborais e 9 días hábiles de estancias-visitas en empresas, de 5 horas diarias de duración.

Trala experiencia piloto do ano pasado, Paideia colabora no segundo ano consecutivo no programa. Nesta segunda edición, na que participaron 10 mozos, as empresas que acolleron as estancias-visitas foron centros ubicados no área metropolitana de A Coruña e nas comarcas de O Sar, Barbanza, Muros e Noia: Laboratorio Cultigar (Brión), Trébore Planta Jóven (Padrón), Hotel Scala (Padrón), Talleres Trébore (A Coruña), Trébore Jardinería (Mera).

Os sectores profesionais nos que os mozos realizaron as prácticas foron: xardinería e viverismo, biotecnoloxía vexetal, mantemento e limpeza.

A valoración dos participantes relativa ás estancias nas empresas é altamente positiva e o 90% repetiría a experiencia e recomendaríaa a outros mozos. Tanto en “Coñecementos e capacidades adquiridas”, como en “Tarefas realizadas”, predomina a valoración boa. A valoración do trato recibido nas empresas, que o 80% dos participantes valora como moi bo e o 20% restante como bo, mostra un alto grado de compromiso das empresas participantes co proxecto.

laida_estadistica2015_ga

 

 

 

No hay comentarios

Lo sentimos, en estos momentos no es posible realizar comentarios.

X