A Fundación Paideia Galiza pon en marcha o certificado de profesionalidade para o sector da xardinería

A Fundación Paideia Galiza pon en marcha, por primeira vez, o certificado de profesionalidade para o sector da xardineria. Nesta convocatoria participarán 15 persoas con discapacidade, mozos e mozas menores de 30 anos.  

A formación, conta cunha duración de 330 horas lectivas. Deste paquete, 250 horas de contido será teórico-práctico e impartirase de maneira presencial de luns a venres en horario de mañá. A formación terá unha duración de preto de 5 meses e desenvolverase desde novembro ata marzo de 2024. Levarase a cabo nas instalacións de Trébore Jardinería en  Oleiros.

Ao longo destes meses, o alumnado formarase en operacións básicas en viveiros e centros de xardinería; operacións básicas para a instalación de xardíns, parques e zonas verdes; operacións básicas para o mantemento de xardíns, parques e zonas verdes e actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería.

Así  mesmo, realizarán prácticas profesionais en empresas so sector, cunha duración de 80 horas, onde o alumnado poderá aportar os coñecementos e habilidades adquiridas durante a formación.

Ao finalizar ás prácticas, o alumado realizará uns módulos de inserción laboral, sensibilización medioambiental, igualdade de xénero e formación para a igualdade.

Ao remate, o alumnado recibirá un diploma acreditativo.

Esta formación realizase en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade do Ministerio de Educación e Formación Profesional, a través do Plan formativo para o emprego da Comunidade de Galicia 2023-2024.

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.

X